Real Club de Regatas de Galicia
Real Club de Regatas de Galicia | |
---|---|
Cidade | Vilagarcía de Arousa |
Fundado | 1902 |
O Real Club de Regatas de Galicia é un club náutico situado en Vilagarcía de Arousa. Fundado en 1902, é o club náutico máis antigo de Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1902 absorbendo outra entidade chamada La Peña. O seu primeiro presidente foi John Trulock, avó de Camilo José Cela, e entre os seus promotores estaban o vicecónsul do Reino Unido, Reginald Cameron-Walker, e o armador, consignatario e, máis tarde, alcalde de Vilagarcía, Pío Carrasco Iglesias.[1] En 1905, o rei Afonso XIII concedeulle o título de Real e o permiso para utilizar o seu escudo de armas.[1] En 1913 púxose en marcha a Semana Náutica de Vilagarcía, que foi a primeira semana náutica en España e que ofrecía un premio de 1000 pesetas, unha importante cantidade para a época.[1][2]
Regatas
[editar | editar a fonte]Organiza anualmente a Regata Almirante Rodríguez Toubes de clase cruceiro, desde 1997, e o Trofeo San Roque da clase Snipe, desde 1968.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Luaña, Susana (9 de xuño de 2013). "«El secreto de la sociedad es que sigue igual que hace cien años»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021.
- ↑ "Real Club de Regatas Galicia de Villagarcía el decano de los náuticos gallegos" (en castelán). Consultado o 6 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do club no sitio web oficial da Real Federación Española de Vela (en inglés).