Saltar ao contido

Rebeca Atencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRebeca Atencia
Biografía
NacementoFerrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora, veterinaria, primatóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCentro de rehabilitación de chimpancés de Tchimpounga Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 3889158


Rebeca Atencia, nada en Ferrol en 1977, é unha veterinaria e primatóloga galega. É a directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na República do Congo, dependente do Instituto Jane Goodall.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou a infancia en Serantes[1]. Logo estudou veterinaria na Universidade Complutense de Madrid.

No ano 2005 comezou a colaborar na ONG Help Congo nun proxecto de reintrodución de primates feridos no Parque Nacional de Conkouati Douli, na República do Congo.

Levaba 10 meses nesa reserva cando recibiron a visita da primatóloga Jane Goodall, na altura a maior primatóloga do mundo. Goodall fixóuselle no traballo e propúxolle dirixir o centro de rehabilitación de Tchimpounga, situado non moi lonxe de alí, 50 km ao norte de Pointe-Noire, xa no departamento de Kouilou. Nese centro, fundado en 1992, coidan e protexen uns 150 chimpancés e bonobos procedentes de capturas ilegais, co propósito de volvelos á selva. Ao mesmo tempo desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixida á poboación da zona e realizan estudos zoolóxicos, como o que Atencia dirixiu sobre cardioloxía dos chimpancés, analizando as diferenzas entre os electrocardiogramas de chimpancés e humanos[2].

  • 2019: O Concello de Ferrol concedeulle o Premio 8 de Marzo no ano 2018 "en recoñecemento ao seu traballo e impecable traxectoria".[3][4]
  • 2018: A revista Newsweek escolleuna como unha das 20 mulleres do futuro no ano 2018[2].
  • 2017: Premio Benestar Animal por parte do Colexio de Veterinarios de Madrid[4].
  • 2010: Insignia de Oro do Concello de Ferrol.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

A súa parella, o madrileño Fernando Turmo, traballa como director de comunicación para o Instituto Jane Goodall[6]. Ten un fillo que se chama Kutú[1]. Viven dacabalo entre Madrid e o Congo[7].

  1. 1,0 1,1 Acosta, Susana (2022-12-04). "Rebeca Atencia, la Jane Goodall gallega: «Mi hijo se llama Kutú por el chimpancé que me salvó la vida»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-12-04. 
  2. 2,0 2,1 "A galega Rebeca Atencia, unha das 20 'mulleres do futuro' para a revista "Newsweek"". GCiencia. 2018-04-09. Consultado o 2022-12-04. 
  3. Corral, Marta. "Ferrol reconoce a la científica Rebeca Atencia en su premio feminista". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2019-03-10. 
  4. 4,0 4,1 "La científica Rebeca Atencia recoge el premio 8 de Marzo en una gala llena de recuerdos y emociones". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-03-10. 
  5. "Asfedro, Ferrolano del Año". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-12-16. Consultado o 2024-07-30. 
  6. Tristán, Rosa M. "Dos españoles dirigen en Congo un 'santuario' de recuperación de chimpancés". www.elmundo.es. Consultado o 2022-12-04. 
  7. Risco, Carlos (2023-09-30). "Rebeca Atencia, la veterinaria gallega que salva chimpancés víctimas de la caza en Tchimpounga". El País (en castelán). Consultado o 2023-09-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]