Rebeca Quintáns
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rebeca Quintáns López 1964 Arzúa |
Profesora universitaria | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Q89547790 | Un Rey golpe a golpe (2000) Juan Carlos I: la biografía sin silencios (2016) |
Actividade | |
Ocupación | Xornalista, escritora de investigación e profesora |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Pseudónimo literario | Patricia Sverlo |
Rebeca Quintáns López, nada en Arzúa en 1964, é unha xornalista, escritora de investigación e profesora galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rebeca Quintáns é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a análise do discurso de Xoán Carlos I.[2]
O seu primeiro libro, Un Rey golpe a golpe, publicouse na editorial Ardi Beltza baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo por motivos de seguridade.[3] Foi unha continuación da investigación realizada na súa tese doutoral, que en palabras da autora: "había tanto contraste entre a verdade da figura de Juan Carlos e a imaxe creada nos medios de comunicación durante a Transición que eu estaba a desexar contar todo iso".[2]
Como xornalista escribiu en diversos medios tanto convencionais (Interviú, Tiempo, El Semanal ou El Correo Gallego entre outros) como alternativos (Ardi Beltzav, Kale Gorria, El Otro País, No a la Guerra ou Diagonal). Tamén é profesora de Ensino Secundario e traballou como profesora asociada para a Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.[4]
En 2016 publicou Juan Carlos I: la biografía sin silencios, unha ampliación actualizada da traxectoria do rei emérito na que repasa diferentes aspectos da súa vida non tratados polos medios convencionais.[5][6]
Libros
[editar | editar a fonte]- Un Rey golpe a golpe. Biografía no autorizada de Juan Carlos de Borbón (2000). Baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo.[7]
- Gran Hermano: el precio de la dignidad (2000). Xunto a Andrés Sánchez Díaz.[8]
- Juan Carlos I: la biografía sin silencios (2016).[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rebeca Quintans | Periodista y escritora", en 'La Nueva España, 22 de xullo 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Rebeca Quintans: "El 23-F consiguió su objetivo, el fracaso es relativo". Público. 4 decembro 2016.
- ↑ "Para hablar del libro, salíamos de la redacción y le quitábamos la batería a los teléfonos móviles". Público. 14 xullo 2014.
- ↑ Rebeca Quintans: “El rey emérito fue un colaborador necesario del 23 F”. Revista R@mbla. 19 xuño 2016.
- ↑ ‘Juan Carlos I, la biografía sin silencios’. InfoLibre. 1 maio 2016.
- ↑ "No hay libertad de expresión en España para informar sobre la monarquía". Eldiario.es. 4 novembro 2016.
- ↑ Sverlo, Patricia (2000). Un Rey golpe a golpe. Biografía no autorizada de Juan Carlos de Borbón. Ardi Beltza. ISBN 978-84-95659-10-1.
- ↑ Sánchez Díaz, Andrés; Quintáns, Rebeca (2000). Gran Hermano : el precio de la dignidad. Arakatzen. ISBN 978-84-931197-5-1.
- ↑ Quintáns, Rebeca (2016). Juan Carlos I: la biografía sin silencios. Akal. ISBN 978-84-460-4279-2.