Recítaco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Familia | |
Familia | Amalos |
Recítaco (en grego:Ρεκιταχ) foi un oficial militar bizantino e un caudillo ostrogodo do século V durante o reinado do emperador bizantino Zenón I (reinado do 474 ao 475 e do 476 ao 491). Algunhas fontes clásicas suxirieron que Recítaco morrera asasinado por Teodorico o Amalo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Teodorico Estrabón e probabelmente da súa esposa Sixilda.[2] Aparece mencionado no 481, cando acompañou a seu pai na invasión de Grecia, sucedéndoo no mando cando este morreu. Durante algún tempo, compartiu o mando con dous tíos seus mais, despois de matalos, gobernou en solitario os territorios de Tracia onde estaban asentados un dos grupos ostrogodos.
Herdou de seu pai, Teodorico Estrabón, a inimizade a Teodorico o Amalo, seu curmán, na loita por facérense co mando dos ostrogodos e cos privilexios outorgados polo emperador bizantino. Esta competencia, foi aproveitada emperador Zenón quen incitou a Teodorico para que o matase. Así, Recítaco foi asasinado no 483/484[3] nun suburbio de Constantinopla chamado Bonofaciana[1] mentres camiñaba para as termas locais.[4]
Unha vez morto, a maior parte dos ostrogodos de Tracia, uníronse ao resto dos ostrogodos baixo o mando de Teodorico o Amalo, que se converteu no único rei ostrogodo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heather, Peter (2014). The Restoration of Rome: Barbarian Popes and Imperial Pretenders (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 0199368511.
- Kim, Hyun Jin (2013). The Huns, Rome and the Birth of Europe (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 1107009065.
- Martindale, J.R.; Jones, Arnold Hugh Martin; Morris, John (1980). The prosopography of the later Roman Empire - Volume 2. A. D. 395 - 527 (en inglés). Cambridge / Nova York: Cambridge University Press.