Referendo de independencia de Bougainville de 2019
Referendo de independencia de Bougainville de 2019 | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Data | 23 de novembro de 2019 | ||||||||||||||||
Tipo | Referendo de independencia | ||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Un referendo de independencia non vinculante celebrouse en Bougainville,[1] unha rexión autónoma de Papúa Nova Guinea, entre o 23 de novembro e o 7 de decembro de 2019. A pregunta do referendo era unha escolla entre maior autonomía dentro de Papúa Nova Guinea ou unha completa independencia, e a maioría abosulta dos votantes (98,31%) votou a prol da independencia.
O referendo foi o resultado dun acordo de 2001 entre o goberno de Papúa Nova Guinea e o Goberno Autónomo de Bougainville, que rematou coa guerra civil que ocorreu entre 1988 e 1998. A votación non é vinculante e o Goberno de Papúa Nova Guinea ten a decisión final sobre o futuro de Bougainville. Os observadores declararon que o claro resultado dificulta a Papúa Nova Guinea ignorar ou atrasar unha decisión, mais a independencia podería tardar anos en alcanzarse.
En xullo de 2021, chegouse a un acordo entre os gobernos de Papúa Nova Guinea e Bougainville, no que Bougainville conseguirá a independencia en 2027[2] se é ratificado polo parlamento de Papúa Nova Guinea.[3]
Contexto
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Guerra civil de Bougainville.
Papúa Nova Guinea converteuse nun estado independente de Australia en 1975,[4] e Bougainville obtivo o status de provincia en 1976.[5] En 1988, as tensións evolucionaron nunha guerra civil entre o Exército Revolucionario de Bougainville e as forzas do Goberno de Papúa Nova Guinea.[4] Un tema clave do conflito foi a mina de Panguna, que pechou en 1989.[5]
A guerra civil rematou cun alto ó lume en 1998, que foi seguido dun Acordo de Paz en 2001.[6] O acordo estabeleceu un Goberno Autónomo de Bougainville,[7] e un referendo sobre a independencia de Bougainville que se celebraría 10-15 anos despois da elección do primeiro goberno autonómico de Bougainville, e que tiña como prazo máximo xuño de 2020.[4] O referendo sería non vinculante, e a decisión final quedaría en mans do goberno de Papúa Nova Guinea.[4][8]
En novembro de 2019, Raymond Masono, vicepresidente da Rexión Autónoma de Bougainville, fixo campaña sobre a reapertura da mina de Panguna se o referendo tiña un resultado faborable á independencia. Panguna pechou en 1989 por mor da guerra e estímase que o valor do cobre chega ós 60 billóns de dólares. Coa independencia, tódolos intereses de Papúa Nova Guinea transferiríanse a Bougainville, dándolle unha participación do 60% en tódolos proxectos e conservando todas as licenzas mineiras. O 40% restante deixaríase para ofertar a investidores.[9]
Planificación
[editar | editar a fonte]A votación foi orixinalmente proposta para o 15 de xuño de 2019,[10] mais adiouse até o 17 de outubro en medio de acusacións de que o goberno estatal tardou en achegar a maior parte dos fondos prometidos para o referendo.[11] O referendo foi adiado de novo até o 23 de novembro por solicitude da Comisión de Referendo de Bougainville para asegurar a credibilidade do mesmo e para que máis persoas puidesen votar. Ámbolos dous gobernos acordaron que ese sería o derradeiro atraso.[12] A votación foi organizada de tal xeito que durase dúas semanas, dende o 23 de novembro até o 7 de decembro.[13]
A votación tivo que facer fronte a un alto grao de dificultade na organización, xa que a maioría da poboación vive en pequenas aldeas e vilas, e case a metade da poboación é analfabeta.[14]
En outubro de 2018, o antigo Taoiseach de Irlanda, Bertie Ahern, foi designado para presidir a Comisión de Referendo de Bougainville, que se encargou de preparar a votación.[15]
Votantes
[editar | editar a fonte]En novembro, a comisión rematou a "lista de votantes certificados" para ser utilizada na votación.[16] O número final de votantes foi 206 731, sobre unha poboación total de preto de 300 000 persoas.[17] Os homes que estaban facendo o rito de iniciación upe tiveron permitido votar nuns colexios electorais especiais só para homes.[18] Os habitantes de Bougainville que vivían noutras partes de Papúa Nova Guinea, en Australia ou nas Illas Salomón tamén puideron exercer o seu voto.[16]
Votantes | Homes | Mulleres | Xénero descoñecido | Total |
---|---|---|---|---|
Votantes residentes en Bougainville | 98 565 | 95 371 | 80 | 194 016 |
Votantes fóra de Bougainville | 6 846 | 5 844 | 25 | 12 715 |
Total | 105 411 | 101 215 | 105 | 206 731 |
Pregunta
[editar | editar a fonte]A pregunta que se lle fixo ós votantes foi:
Estás de acordo en que Bougainville teña: (1) Maior autonomía (2) Independencia?[19]
Resultados
[editar | editar a fonte]Os resultados do referendo foron anunciados o 11 de decembro de 2019. Máis do 98% dos votos válidos foron a prol da independencia.[20][21] Antes da elección, agardábase un resultado positivo da opción independentista,[4][13][22][23] con The Guardian informando de estimacións do 90% a prol da independencia.[4]
Un funcionario declarou que o referendo ía "mellor do agardado", e que os votantes estaban estusiasmados,[22] e Divine Word University dixo que a votación celebrouse nunha atmosfera de celebración.[24]
Repercusións
[editar | editar a fonte]Despois do anuncio do resultado, John Momis, presidente da Rexión Autónoma de Bougainville, declarou que "polo menos psicoloxicamente, sentímonos liberados". O ministros de Asuntos de Bougainville do goberno de Papúa Nova Guinea, Puka Temu, declarou que "o resultado é crible", pero dixo que Papúa Nova Guinea debería ter tempo para asimilar o resultado.[7] Como o referendo non é vinculante, a independencia deberá ser negociada entre os líderes de Bougainville e Papúa Nova Guinea. A decisión final sobre o status de Bougainville dependerá do Parlamento Nacional de Papúa Nova Guinea. Rod McGuirk da revista Time declarou que "o proceso de converterse nun estado separado podería tardar anos en acadarse."[25]
O primeiro ministro de Papúa Nova Guinea, James Marape, recoñeceu o resultado do referendo e declarou que só comprometería o seu goberno a elaborar "unha folla de ruta que leve a un acordo de paz duradeiro" en acordo coas autoridades de Bougainville. Os funcionarios de Papúa Nova Guinea manifestaron a súa preocupación de que a independencia de Bougainville sentase un precedente para outros movementos de secesión imitadores noutras provincias como Nova Bretaña Oriental, Nova Irlanda e Enga.[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lyons, Kate (11 de decembro de 2019). The Guardian, ed. "Bougainville referendum: region votes overwhelmingly for independence from Papua New Guinea" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ "PNG, B'ville agree on latter's independence". Post Courier (en inglés). 2021-07-07. Consultado o 2021-07-07.
- ↑ Mckenna, Kylie; Ariku, Emelda (19 de novembro de 2021). "Bougainville independence: recalling promises of international help". The Interpreter. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2021. Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Lyons, Kate (19 de novembro de 2019). The Guardian, ed. "Birth of a nation? Bougainville's independence referendum explained". Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 "51. Papua New Guinea/Bougainville (1975-present)". University of Central Arkansas. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ Jorari, Leanne (21 de novembro de 2019). The Guardian, ed. "'We've wanted this for a long time': Bougainville prepares for independence vote". Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 BBC, ed. (11 de decembro de 2019). "Bougainville referendum: PNG region votes overwhelmingly for independence". Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ "Bougainville referendum not binding - PM". Radio New Zealand (en inglés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ Amanda Stutt (11 de decembro de 2019). Mining.com, ed. "Bougainville independence could revive one of world’s biggest copper mines". Glacier Media. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ ABC News, ed. (23 de maio de 2016). "Bougainville and Papua New Guinea set target date for independence referendum" (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2017.
- ↑ "Independence vote delayed for Papua New Guinea's Bougainville". France 24 (en inglés). 1 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019.
- ↑ Gorethy, Kenneth (5 de agosto de 2019). "B’ville referendum dates changed". Post Courier (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2019.
- ↑ 13,0 13,1 France 24, ed. (27 de setembro de 2019). "Bougainville set to hold long-awaited independence referendum" (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2019.
- ↑ Lyons, Kate (19 de novembro de 2019). The Guardian, ed. "Birth of a nation? Bougainville's independence referendum explained" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 20 de novembro de 2019.
- ↑ Radio New Zealand, ed. (17 de outubro de 2018). "Bougainville 'very happy' to have Bertie Ahern involved" (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2018.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Bougainville Referendum Commission, ed. (6 de novembro de 2019). "Referendum Roll Completed". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ "Photo essay: Bougainville's historic independence referendum". RNZ (en inglés). 6 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019.
- ↑ Perry, Nick (3 de decembro de 2019). "Bougainville independence referendum ends". The Canberra Times. Consultado o 8 de decembro de 2019.
- ↑ Radio New Zealand, ed. (13 de outubro de 2018). "Question agreed for Bougainville's independence referendum" (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2018.
- ↑ AFP. "Bougainville voters back independence by landslide". The Standard. Consultado o 12 de decembro de 2019.
- ↑ Yeung, Jessie; Watson, Angus (11 de decembro de 2019). CNN, ed. "Bougainville independence vote delivers emphatic demand to become world's newest nation". Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ 22,0 22,1 "Polls close in Bougainville referendum on independence from PNG". www.aljazeera.com. Consultado o 9 de decembro de 2019.
- ↑ Australian Associated Press, ed. (29 de xaneiro de 2014). "PNG leader apologises to Bougainville for bloody 1990s civil war". Consultado o 9 de febreiro de 2019.
- ↑ "The celebratory Bougainville referendum – stories from Siwai". www.lowyinstitute.org (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019.
- ↑ Rod McGuirk (11 de decembro de 2019). Time, ed. "Seeking Independence From Papua New Guinea, Bougainville Votes to Become World's Newest Country". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019.
- ↑ Alan Boyd (11 de decembro de 2019). Asia Times, ed. "China has big stake in Bougainville independence". Consultado o 12 de decembro de 2019.