Referendo de independencia de Nova Caledonia de 2020
Referendo de independencia de Nova Caledonia de 2020 | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2018 2021 → | |||||||||||||||||
Data | 4 de outubro de 2020 | ||||||||||||||||
Tipo | Referendo de independencia | ||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
O referendo de independencia celebrouse en Nova Caledonia o 4 de outubro de 2020.[1] Inicialmente previsto para o 6 de setembro,[2] pospúxose ao 4 de outubro por mor da pandemia por coronavirus de 2019-2020.[3] Os electores puideron escoller entre continuar como parte de Francia ou converterse nun país independente. Finalmente, a independencia foi rexeitada polo 53,26% dos votos.[4]
Contexto
[editar | editar a fonte]Segundo o acordo de Numea de 1998, os neocaledonios poden levar a cabo até tres referendos de independencia; o primeiro en 2018, e despois dous máis en 2020 e en 2022, no caso de que os anteriores tivesen un resultado negativo. O primeiro celebrouse en novembro de 2018, co resultado sendo contrario á independencia por 56-44%.
En 2019, os membros da Unión Caledonia, Futuro con Confianza, a Fronte de Liberación Nacional Kanak Socialista e a Unión Nacional para a Independencia pediron que se levase a cabo outro referendo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nouvelle-Calédonie. Le référendum sur l’indépendance se déroulera le 4 octobre (en francés) Ouest France, 24 de xuño de 2020
- ↑ "New Caledonia to hold second independence referendum in 2020t" (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2019.
- ↑ Ouest-France, ed. (24 de xuño de 2020). "Nouvelle-Calédonie. Le référendum sur l’indépendance se déroulera le 4 octobre" (en francés). Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "New Caledonia referendum: South Pacific territory rejects independence from France". Consultado o 4 de outubro de 2020.
- ↑ "Le Deuxième référendum" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2019. Consultado o 11 de outubro de 2019.