Saltar ao contido

Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Referendo sobre o status político de Porto Rico de 2012
 ← 1998 Editar o valor en WikidataPorto Rico Editar o valor en Wikidata 2017 Editar o valor en Wikidata  → 
Data6 de novembro de 2012 Editar o valor en Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor en Wikidata
Parte dePlebiscitos sobre o status de Porto Rico Editar o valor en Wikidata

«Está de acordo con que Porto Rico siga a ter a súa forma actual de status territorial?» Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado2.402.941 Editar o valor en Wikidata
1.879.202
   78.2٪
Número de votos válidos1.798.987    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos 80.215
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Si
828.077   46.03٪
Non
970.910   53.97٪
Gañador/a

O 6 de novembro de 2012 celebrouse un referendo sobre o status político de Porto Rico. Foi o cuarto referendo sobre este tema celebrado en Porto Rico. Porto Rico é un territorio non incorporado dos Estados Unidos dende a guerra hispano-estadounidense en 1898.

Aos electores portorriqueños formuláronselles dúas preguntas: en primeiro lugar se aceptaban continuar co status territorial de Porto Rico e, en segundo lugar, indicar o status político que preferían entre tres posibilidades: converterse en estado da unión, a independencia ou unha nación soberana en libre asociación cos Estados Unidos.[1] 970.910 (53,97%) votaron "Non" na primeira pregunta, manifestándose en contra de manter o actual status político, e 828.077 (46,03%) votaron "Si", para manter o actual status político. Dos que responderon á segunda pregunta, 834.191 (61,16%) elixiron converterse en estado, 454.768 (33,34%) optaron pola libre asociación e 74.895 (5,49%) optaron pola independencia.[2][3]

O gobernador electo Alejandro García Padilla do Partido Popular Democrático (PPD) e varios outros dirixentes que favorecen a situación actual recomendaran votar "Si" á primeira pregunta, e deixar a segunda en branco como protesta polo que dixeron que era "un proceso antidemocrático" e "unha trampa".[4]

O Comisionado Residente sen voto de Porto Rico, Pedro Pierluisi, dixo que "defenderá a decisión do pobo" en Washington, D.C. El planea introducir lexislación no Congreso para que Porto Rico sexa admitido na Unión.[5][6] Aínda que García Padilla cuestionou a validez dos resultados, afirmou que pensaba seguir adiante co que suxerira o presidente Barack Obama, e convocar unha asemblea constituínte para resolver o problema do status.[7] Tal asemblea non se celebrou finalmente baixo a gobernación de García Padilla.

Anteriormente celebráronse referendos na illa para decidir o status político de Porto Rico, sendo o inmediantamente anterior o de 1998.[8][9][10]

  1. "Papeleta Modelo Plebiscito 2012" (PDF). CEEPUR. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2014-05-22. Consultado o 2012-10-17. 
  2. "CEE Event - CONDICIÓN POLÍTICA TERRITORIAL ACTUAL - Resumen". Comisión Estatal de Elecciones de Puerto Rico. 2012-11-08. Consultado o 2012-11-08. 
  3. "CEE Event - OPCIONES NO TERRITORIALES - Resumen". Comisión Estatal de Elecciones de Puerto Rico. 2012-11-08. Consultado o 2012-11-08. 
  4. "García Padilla exhorta a dejar la segunda pregunta en blanco: El candidato por la gobernación del PPD también pide que voten sí en la primera pregunta del plebiscito". El Nuevo Día. 2 de novembro de 2012. 
  5. Pierluisi, Pedro (17 de febreiro de 2012). "Puerto Rico Status Referendum is Historic". JURIST. Consultado o 7 de outubro de 2012. 
  6. Del Valle, Sara (8 de novembro de 2012). "Intenso debate sobre triunfo de la estadidad". El Nuevo Día. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  7. Cortés, Ricardo (8 de novembro de 2012). "No hay tiempo que perder". El Nuevo Día. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  8. "Puerto Rico State Electoral Commission: Official Results for the 1967 Political-Status Plebiscite". Consultado o 1 de maio de 2010. 
  9. "Puerto Rico State Electoral Commission: Official Results for the 1993 Political-Status Plebiscite". Consultado o 1 de maio de 2010. 
  10. "Elecciones en Puerto Rico: Consulta de Resultados". Eleccionespuertorico.org. Consultado o 2012-11-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]