Referendo sobre o status político de Santo Eustaquio de 2014
Referendo sobre o status político de Santo Eustaquio de 2014 | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Data | 17 de decembro de 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | referendo de autodeterminación | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
O 17 de decembro de 2014 celebrouse un referendo sobre o status político de Santo Eustaquio.[1] Santo Eustaquio converteuse nun organismo público logo da disolución das Antillas Neerlandesas en 2010, aínda que Santo Eustaquio votou a prol de manterse nas Antillas Neerlandesas, polo que se apoiou o referendo de 2014 como vía para resolvelo.[2] Aínda que a maioría dos votantes optou por aumentar a autonomía dentro do Reino dos Países Baixos, a participación electoral estivo moi por debaixo do 60% necesario para que o referendo fose vinculante.[3]
Contexto
[editar | editar a fonte]A decisión de celebrar un referendo foi aprobada polo Consello Insular o 8 de outubro e apoiada polo Partido Popular Unido, o deputado independente do Movemento de Acción Liberal de Statia, Reuben Merkman. O 25 de outubro a data foi fixada para o 17 de decembro, ao cal só se opuxo o Partido Democrático.[1]
Pregunta
[editar | editar a fonte]Os votantes puideron elixir entre catro opcións:[1]
- Manterse como "organismo público" (concello especial)
- Independencia
- Autonomía dentro do Reino dos Países Baixos
- Integración nos Países Baixos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Referendum on constitutional status Statia on December 17 Arquivado 2014-10-28 en Wayback Machine. Saba News, 28 de outubro de 2014
- ↑ Parliament backs Statia referendum The Daily Herald, 12 de xuño de 2012
- ↑ Insufficient voters referendum Statia Arquivado 2014-12-22 en Wayback Machine. Saba News, 18 de decembro de 2014