Saltar ao contido

Regador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regador de metal.

Un regador[1] é un recipiente de metal, cerámica ou plástico que contén a auga para regar as plantas. A miúdo, no canto dun regador, acóplase unha billa difusora de auga a unha mangueira.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Dispón dun colo ou biquela que remata nunha alcachofa a través da que se verte a auga, e un mango para o seu manexo. A capacidade do recipiente pode oscilar entre os 0,5 litros para plantas de interior, e os 10 para uso xeral en xardinaría. Ao final do colo os regadores adoitan ter unha alcachofa ou roseta (pequena tapa perforada por multitude de buratos) para converter o chorro continuo de auga en "ducha" e evitar a excesiva presión sobre a terra ou as plantas delicadas.

O regador máis antigo que se atopou é do ano 79. Os regadores modernos son de lata ou plástico e na biquela acóplase unha estrutura con furados que é máis ampla ca o diámetro da biquela por onde pasa a auga.[3]

O termo regador rexistrouse por primeira vez en 1692. Antes desa data coñecíaselle como "cacharro de regar". En 1885, os regadores "Haws" foron patentados por John Haw, quen substituíu a asa montada na parte superior por unha redonda na parte posterior.[4]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para regador.
  2. Acedo, Montse Escutia (2009-06-23). El huerto escolar ecológico (en castelán). Grao. p. 195. ISBN 978-84-7827-831-2. 
  3. "What does watering can mean?". Consultado o 1 de setembro de 2021. 
  4. Cutler, Karan Davis (2002). Essential Tools: Equipment and Supplies for Home Gardeners (en inglés). Brooklyn Botanic Garden. pp. 32–36. ISBN 978-1-889538-50-1. 
  5. Watering for House Plants. SimplifyPlants. Consultado o 6 de xaneiro de 2022.