Reggie Evans
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1980 (44 anos) Pensacola, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Woodham High School (en) Universidade de Iowa Coffeyville Community College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Reginald Jamaal "Reggie" Evans, nado en Pensacola, Florida o 18 de maio de 1980, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Evans asistiu ó Coffeyville Community College en Coffeyville, Kansas, do ano 1998 ata o 2000, cando se trasladou á Universidade de Iowa. En 2001, Evans liderou ó país en tiros libres intentados, tiros libres anotados, e dobre-dobres. Liderou a Big Ten Conference en rebotes en 2001 e en 2002, foi nomeado MVP do Torneo da Big Ten en 2001, e foi incluído no segundo Equipo All-Big Ten en 2002.
NBA
[editar | editar a fonte]Seattle SuperSonics
[editar | editar a fonte]Asinou cos Seattle SuperSonics coma axente libre, onde se deu a coñecer pola súa capacidade reboteadora. Na tempada 2004-05, liderou a liga en rebotes por minutos xogados, tras rematar entre os 10 primeiros nas dúas tempadas anteriores. Malia xogar menos de 24 minutos por encontro, rematou noveno en toda a liga en rebotes totais.
A mellor tempada de Evans viuse freada o 3 de xaneiro de 2006, cando os Sonics destituíron ó adestrador Bob Weiss, e puxeron ó asistente Bob Hill no seu lugar. No novo sistema de Hill, Evans perdeu o posto de titular e os seus minutos reducíronse drasticamente.
Denver Nuggets
[editar | editar a fonte]O 23 de febreiro de 2006, os Sonics traspasaron a Evans ós Denver Nuggets.[1] Nos seus cinco primeiros partidos cos Nuggets, Evans xogou máis minutos que nos seus 21 derradeiros encontros cos Sonics.
O 10 de marzo de 2006, contra os Toronto Raptors, Evans capturou 20 rebotes sen anotar ningún punto. Converteuse no primeiro xogador en facer 20 rebotes e 0 puntos dende que o fixera Dennis Rodman o 15 de decembro de 1997 contra os Phoenix Suns.
Philadelphia 76ers
[editar | editar a fonte]O 10 de setembro de 2007, Evans foi traspasado xunto ós dereitos do Draft de Ricky Sánchez ós Philadelphia 76ers, a cambio de Steven Hunter e Bobby Jones.[2]
Evans foi o ala-pivote titular dos Sixers na tempada 2007-08. Con el, os Sixers pasaron de ser o peor equipo reboteador da liga, a estar nos 15 equipos con máis rebotes.[3] Evans tan só se perdeu un partido en toda a tempada, e foi titular en máis partidos que nas súas dúas tempadas en Denver.
Toronto Raptors
[editar | editar a fonte]O 9 de xuño de 2009, Evans foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Jason Kapono.[4] Comezou a tempada cunha lesión nun pé, e non debutou cos Raptors ata o 10 de febreiro de 2010. O 24 de novembro de 2010, Evans conseguiu a maior cantidade de rebotes da súa carreira, ó capturar 22 na vitoria dos Raptors sobre os Philadelphia 76ers por 106-90.
Los Angeles Clippers
[editar | editar a fonte]O 22 de decembro de 2011, Evans asinou un contrato dun ano cos Los Angeles Clippers.[5] Rematou a tempada con 1.9 puntos e 4.8 rebotes en 13.8 minutos por partido, xogando nun total de 56 encontros.[6]
Brooklyn Nets
[editar | editar a fonte]O 11 de xullo de 2012, Evans foi traspasado ós Brooklyn Nets nun sign-and-trade.[6][7] Na súa primeira tempada cos Nets, Evans xogou 80 partidos, 56 deles coma titular, e acadou por segunda vez na súa carreira máis de 10 rebotes por encontro, con 11.1.
Sacramento Kings
[editar | editar a fonte]O 19 de febreiro de 2014, Evans foi traspasado xunto a Jason Terry ós Sacramento Kings a cambio de Marcus Thornton.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuggets Acquire Patterson, Evans, Smith In Four-Team Deal". NBA.com. 2006-02-23. Consultado o 2010-07-12.
- ↑ "76ERS COMPLETE TRADE WITH DENVER NUGGETS". NBA.com. 2007-09-10. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 2010-07-12.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2012.
- ↑ "Raptors Acquire Evans From Philadelphia". NBA.com. 2009-06-09. Consultado o 2009-06-15.
- ↑ http://losangeles.sbnation.com/los-angeles-clippers/2011/12/22/2656441/reggie-evans-los-angeles-clippers-2011-nba-free-agency
- ↑ 6,0 6,1 http://sports.yahoo.com/news/nba--nets-land-reggie-evans-in-sign-and-trade-deal.html
- ↑ http://www.nba.com/nets/news/Evans_Trade_Release_120711.html
- ↑ "Kings acquire Jason Terry and Reggie Evans". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Toronto Raptors
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Brooklyn Nets
- Nados en Pensacola, Florida