Regra de Wahl
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A regra de Wahl é unha regra de formación de palabras, desenvolvida polo lingüista Edgar de Wahl e aplicada no idioma artificial Interlingue (chamado tamén "Occidental") creado por el. Serve para crear certas formas gramáticas a través doutras (por exemplo substantivos de verbos).
Regra
[editar | editar a fonte]Os infinitivos dos verbos no idioma Interlingue teñen máis frecuentemente as terminacións en -ar ou -er. A raíz é recibida da seguinte maneira:
- Se, despois de retirar un -r ou -er do infinitivo, a raíz remata en vogal, engádeselle un -t ou cambia de y a t: crea/r, crea/t-, crea/t/or; atiny/er, atin/t, atin/t/ion
- Se a consoante final da raíz é d ou r, cámbiase a s: decide/er, deci/s-, deci/s/ion
- En casos restantes, con seis excepcións, ao se retirar a terminación dá a raíz esixida: duct/er, duct-, duct/ion.
Estas seis excepcións son:
- ced/er, cess-
- sede/er, sess-
- mov/er, mot-
- ten/er, tent-
- vert/er, vers-
- veni/r, vent-
e os verbos formados daquelas a forza de prefixos.
Polo tanto, a regra componse de tres partes, é frecuentemente chamada como as tres regras de Wahl.
Créanse os verbos de substantivos e de adxectivos, retirando as terminacións e recibindo a raíz. Despois de axuntar -r ou -er, recíbese o infinitivo na maioría de casos: decora/t/ion, decora/t-, decora/r.
Aplicación
[editar | editar a fonte]Esta regra foi aplicada ao idioma Interlingue. Após unha modificación eventual pódese aplicar esta regra para a creación de novas formas de vocábulos particularmente en linguas románicas ou nas que toman prestado vocabulario de linguas románicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Henry Jacob, The Preparatory Work for an International Technical Terminology reimpresión de The British Steelmaker, decembro de 1945. (en inglés)
- Henry Jacob, Occidental (1922) by Edgar de Wahl (en inglés)