Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión
Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión, tamén chamado REBT 2002, é unha normativa do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía de España. Ata a entrada en vigor desta nova normativa empregábase o Regulamento 2413 de 1973. O actual REBT 2002 é o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto de 2002. publicado no Boletín Oficial del Estado número 224, do 18 de setembro de 2002. Entrou en vigor de xeito obrigatorio o 18 de setembro de 2003.
O regulamento afecta a instalacións eléctricas de xeración, distribución e consumo de corrente eléctrica alterna de 1000 volts ou inferiores e as de corrente continua de 1500 volts ou inferiores.
Características
[editar | editar a fonte]O regulamento está baseado nas normativas internacionais da comunidade europea a de organismos internacionais EN e CEI.
- Cítanse normas polos números de referencia, pero sen ano de edición, para que cando aparezan novas versións das normas o Regulamento quede automaticamente actualizado.
- O proxectista da instalación eléctrica poderá realizar outras execucións diferentes ás prescritas sempre que se garantan os obxectivos mínimos de seguridade esixibles en cada momento.
- Defínense xuridicamente os instaladores e as empresas autorizadas.
- Establécese unha categoría básica, para a realización das instalacións eléctricas máis comúns, e unha categoría especial, con varias modalidades, atendendo ás instalacións que teñan peculiaridades relevantes.
- Defínense novos tipos de instalacións:
- Granxas do agro e hortas.
- Automatización.
- Xestión técnica da enerxía e seguridade para vivendas en edificios.
- Instalacións en piscinas e zonas con auga.
- Definición de tensións que proporcionan seguridade elas mesmas, caravanas e parques de caravanas.
- Auméntase o número mínimo de circuítos en vivendas, por seguridade e comodidade.
- Esíxese elaboración de documentación técnica, como proxecto ou memoria para a execución e posta en servizo das instalacións, e esíxese a entrega ao titular da instalación dunha documentación onde se reflictan as características fundamentais, o trazado, as instrucións e as precaucións de uso ou mantemento.
- Establécese inspeccións por organismos de control, no caso de instalacións cunha seguridade que teña especial importancia, sen esquecer que os seus titulares deben mantelas en bo estado
- As comunidades autónomas con competencias en industria poden fixar normas adicionais para instalacións no seu territorio.
Normativa
[editar | editar a fonte]O Regulamento está dividido en dúas partes:
- A primeira son 29 artigos con cuestións legais e administrativas
- A segunda parte son 52 instrucións técnicas complementarias (ITC) baseadas en UNE-EN 20460 Instalacións eléctricas en edificios, de obrigado cumprimento en tódolos países da Unión Europea, distribuídas en dez grupos.
REBT 2002, Instrucións técnicas complementarias (ITC) | ||
---|---|---|
Instrución | Nome | Páxinas |
Articulado e aspectos xerais | ||
ITC-BT-01 | Terminoloxía | 24 |
ITC-BT-02 | Normas de referencia no Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (Normas UNE) | 13 |
Inspeccións, documentación e posta en servizo das instalacións | ||
ITC-BT-03 | Instaladores autorizados e empresas instaladoras autorizadas | 9 |
ITC-BT-04 | Documentación e posta en servizo das instalacións | 6 |
ITC-BT-05 | Verificacións e inspeccións | 5 |
Redes de distribución | ||
ITC-BT-06 | Redes aéreas para distribución en baixa tensión | 20 |
ITC-BT-07 | Redes subterráneas para distribución en baixa tensión | 22 |
ITC-BT-08 | Sistemas de conexión do neutro e das masas en redes de distribución de enerxía eléctrica | 6 |
ITC-BT-11 | Redes de distribución de enerxía eléctrica. Acometidas | 4 |
Iluminación exterior | ||
ITC-BT-09 | Instalacións de iluminación exterior | 7 |
Instalacións de enlace | ||
ITC-BT-10 | Previsión de cargas para subministracións en baixa tensión | 5 |
ITC-BT-12 | Instalacións de enlace. Esquemas | 7 |
ITC-BT-13 | Instalacións de enlace. Caixas xenais de protección | 4 |
ITC-BT-14 | Instalacións de enlace. Liña xeral de alimentación | 4 |
ITC-BT-15 | Instalacións de enlace. Derivacións individuais | 5 |
ITC-BT-16 | Instalacións de enlace. Contadores: localización e sistemas de instalación | 8 |
ITC-BT-17 | Instalacións de enlace. Dispositivos xerais e individuais de mando e protección. Interruptor de control de potencia | 3 |
Instalacións interiores ou receptoras | ||
ITC-BT-18 | Instalacións de posta a terra | 12 |
ITC-BT-19 | Instalacións interiores ou receptoras. Prescricións xerais | 11 |
ITC-BT-20 | Instalacións interiores ou receptoras. Sistemas de instalación | 9 |
ITC-BT-21 | Instalacións interiores ou receptoras. Tubos e canais protectores | 14 |
Protección nas instalacións eléctricas | ||
ITC-BT-22 | Instalacións interiores ou receptoras. Protección contra sobreintensidades | 3 |
ITC-BT-23 | Instalacións interiores ou receptoras. Protección contra sobretensións | 5 |
ITC-BT-24 | Instalacións interiores ou receptoras. Protección contra os contactos directos e indirectos | 18 |
Instalacións en vivendas, oficinas e locais | ||
ITC-BT-25 | Instalacións interiores en vivendas. Número de circuítos e características | 6 |
ITC-BT-26 | Instalacións interiores en vivendas. Prescricións xerais de instalación | 6 |
ITC-BT-27 | Instalacións interiores en vivendas. Locais que conteñen unha bañeira ou ducha | 9 |
Instalacións especiais | ||
ITC-BT-28 | Instalacións en locais de pública concorrencia | 12 |
ITC-BT-29 | Prescricións particulares para as instalacións eléctricas dos locais con risco de incendio ou explosión | 13 |
ITC-BT-30 | Instalacións en locais de características especiais | 7 |
ITC-BT-31 | Instalacións con fins especiais. Piscinas e fontes | 10 |
ITC-BT-32 | Instalacións con fins especiais. Máquinas de elevación e transporte | 6 |
ITC-BT-33 | Instalacións con fins especiais. Instalacións provisionais e temporais de obras | 5 |
ITC-BT-34 | Instalacións con fins especiais. Feiras e pavillóns | 6 |
ITC-BT-35 | Instalacións con fins especiais. Establecementos agrícolas e hortícolas | 2 |
ITC-BT-36 | Instalacións a moi baixa tensión | 5 |
ITC-BT-37 | Instalacións a tensións especiais | 2 |
ITC-BT-38 | Instalacións con fins especiais. Requisitos particulares para a instalación eléctrica en quirófanos e salas de intervención | 7 |
ITC-BT-39 | Instalacións con fins especiais. Cercas eléctricas para gando | 3 |
ITC-BT-40 | Instalacións xeradoras de baixa tensión | 9 |
ITC-BT-41 | Instalacións eléctricas en caravanas e parques de caravanas | 2 |
ITC-BT-42 | Instalacións eléctricas en portos e amarres para barcos de lecer | 4 |
ITC-BT-49 | Instalacións eléctricas en mobles | 4 |
ITC-BT-50 | Instalacións eléctricas en locais que conteñen radiadores para saunas | 2 |
ITC-BT-51 | Instalacións de sistemas de automatización, xestión técnica da enerxía e seguridade para vivendas e edificios | 5 |
ITC-BT-52 | Instalacións con fins especiais. Infraestrutura para a recarga de vehículos eléctricos | 30 |
Instalación de receptores | ||
ITC-BT-43 | Instalación de receptores. Prescricións xerais | 5 |
ITC-BT-44 | Instalación de receptores. Receptores para iluminación | 5 |
ITC-BT-45 | Instalación de receptores. Aparellos de caldeamento | 5 |
ITC-BT-46 | Instalación de receptores. Cables e folios radiantes en vivendas | 5 |
ITC-BT-47 | Instalación de receptores. Motores | 5 |
ITC-BT-48 | Instalación de receptores. Transformadores e autotransformadores. Reactancias e rectificaciones. Condensadores | 3 |
O Real decreto 1053/2014, do 12 de decembro, aproba unha nova Instrución técnica complementaria (ITC) BT 52 Instalacións con fins especiais. Infraestrutura para a recarga de vehículos eléctricos, do Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Real Decreto 1053/2014, de 12 de diciembre, por el que se aprueba una nueva Instrucción Técnica Complementaria (ITC) BT 52 "Instalaciones con fines especiales. Infraestructura para la recarga de vehículos eléctricos", del Reglamento electrotécnico para baja tensión, aprobado por Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto, y se modifican otras instrucciones técnicas complementarias del mismo». Boletín Oficial del Estado. Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Consultado o 22 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Normativa
[editar | editar a fonte]- Reglamento Electrotécnico para Baja TensiónArquivado 27 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. - Texto aprobado por Real decreto 842/2002 (175 kb) (PDF) (en castelán).
- Legislación sobre Seguridad Industrial Legislación Nacional - REBT 2002- INSTRUCCIONES TÉCNICAS COMPLEMENTARIAS (ITC) (en castelán).
- Legislación sobre Seguridad Industrial Legislación Nacional - REBT - Guía Técnica de aplicación al Reglamento Electrotécnico de Baja Tensión (en castelán).