Saltar ao contido

Rei das ratas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo do fenómeno Rei das ratas nun museo alemán.

Coñécese como rei das ratas o fenómeno que consiste no entrecruzamento das colas das ratas arrexuntadas no interior dun niño. Segundo a lenda, os animais convivirían en recintos de pequenas dimensións, polo que os rabos quedarían entrelazados e colados debido ao sangue, os excrementos e a sucidade reseca que os impregna, formando un nó imposíbel de desfacer.

Os animais así enlazados poden vivir e crecer xuntos. Segundo a lenda, habería un Rei das ratas que exercería unha certa autoridade sobre as outras ratas, conseguindo, por exemplo, que lle consigan comida.

Explicación

[editar | editar a fonte]

A maioría dos investigadores cren que este fenómeno é produto da imaxinación e se cadra foi creado pola manipulación consciente por parte de seres humanos, que atan as colas de ratas mortas e as momifican. Por outra banda, a causa podería ser que as crías de rata ocupaban espazos pequenos dalgúns edificios, acabando unidas entre si. Con todo, a conduta natural das ratas, que normalmente buscan a súa propia comodidade, contradí esta teoría. Non hai estudos científicos que corroboren unha causa natural do fenómeno.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rottekonger. Facts & Faenomener Nr. 3/1995 (en dinamarqués)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]