Reial Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Reial Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles | |
---|---|
Tipo | escola de arte |
Campo de traballo | pintura, escultura e arquitectura |
Data de fundación | 14 de febreiro de 1768 |
Fundador(es) | Carlos III de España |
Sede | Museu de Belles Arts de València |
En | Valencia |
País | España |
39°26′42″N 0°23′22″O / 39.445, -0.389444 | |
Na rede | |
http://www.realacademiasancarlos.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Reial Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles é unha institución cultural pública situada en Valencia.
Historia
[editar | editar a fonte]Os seus antecedentes están nunha petición dos artistas valencianos ao rei Fernando VI para crear unha Academia. O rei accedeu e naceu a Acadèmia de Santa Bàrbara na honra á esposa de Fernando VI, Bàrbara de Bragança, na sede da Universidade de Valencia .
Coa morte do monarca e as dificultades económicas, o centro desapareceu. Anos máis tarde o rei Carlos III retomou a idea orixinal e concedeu por Real Cédula o recoñecemento da academia o 14 de febreiro de 1768. Seguiu o modelo da Real Academia de Belas Artes de San Fernando dentro da Ilustración española, que seguía a tradición francesa. O nome oficial era a Real Academia das Tres Nobres Artes de San Carlos.
Desde 1909 recoñeceuse como un organismo artístico que respondía a tres aspectos ou fins fundamentais:
- Académico: Estudos artísticos, informes e peritaxes
- Didáctico: Ensinos teóricos e prácticos de Belas Artes
- Educativo: Creación do Museo de Pintura e Escultura.
En 1913, por Real Decreto do 24 de xullo, o Museo ficou desvencellado oficialmente da tutela da academia. O espectacular crecemento pola grande afluencia de estudantes e a escaseza de espazo fixeron que en 1938 o Estado cedese como nova sede o Convento do Carme, desamortizado. Alí continuou a docencia e puidéronse aumentar e potenciar as coleccións artísticas, agrupadas no Museo de Belas Artes e o Museo de Antigüidades.
En 1942 decidiuse dedicar o lugar do convento de maneira exclusiva á Escola de Belas Artes. Os fondos do museo e a academia foron trasladados ao antigo Convento de San Pío V, onde actualmente comparten edificio.
Estrutura e servizos
[editar | editar a fonte]Réxese polos estatutos e regulamentos de réxime interior. Os membros poden ser de honra, de número, supernumerarios e correspondentes.
A Academia consta de catro seccións:
A súa organización e funcionamento están regulados por decreto da Generalitat Valenciana dende 1989. Formada polo servizo de docencia, o arquivo e a biblioteca, é un órgano consultivo da Generalitat Valenciana. Cumpre, ademais, funcións periciais. O Alto Padroado correspóndelle ao Rei de España e a Presidencia de Honra a quen presida a Generalitat Valenciana.