Saltar ao contido

Reino de Hawai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Hawai

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°59′13″N 157°51′47″O / 20.987, -157.863
CapitalWaikiki (1795–1796)
Hilo (1796–1802)
Lahaina (pt) Traducir (1802–1812)
Kailua (pt) Traducir (1812–1820)
Lahaina (pt) Traducir (1820–1845)
Honolulu (1845–1893) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.217.000 Editar o valor en Wikidata (42,95 hab./km²)
Lingua oficialLingua hawaiana
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie28.337 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónmaio de 1795 Editar o valor en Wikidata
Disolución24 de xaneiro de 1895 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porGoverno Provisório do Havaí (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta
monarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar hawaiano Editar o valor en Wikidata

O Reino de Hawai foi estabelecido entre 1795 - 1810 co sometemento do pequenos territorios independentes de Oahu, Maui, Molokai, Lanai e Kaua'i por parte dos xefes de Hawai (ou "Grande Illa"), que crearon un goberno unificado para o arquipélago enteiro. Esta monarquía perdurou ata 1893.

Formación e fases

[editar | editar a fonte]

A unificación das diversas illas hawaianas debeuse ao guerreiro Kamehameha o Grande, axudado por mariñeiros británicos e armas de fogo. O proceso acabou coa organización feudal da sociedade, para "modernizala" como unha monarquía constitucional, que imitaba modelos imperiais europeos.

Diversas fases conduciron á transformación, marcada polas constitucións de 1840, 1852, 1864 e 1887. Cada unha, pode dicirse de modo resumido, significou a perda de poderes en mans do monarca en favor dun goberno representativo por elección popular. Foi creado tamén un poder xudicial independente (1840). As illas foron divididas en administracións menores, baixo dirección dun gobernador designado polo rei.

Dinastías

[editar | editar a fonte]

De 1810 a 1893, o Reino de Hawai estivo gobernado por dúas dinastías familiares: a Dinastía Kamehameha e a Dinastía Kalākaua. O goberno da familia Kamehameha finalizou coa morte, en 1872, de Lot Kamehameha V, que nomeou como sucesora a princesa Bernice Pauhai Bishop, pero esta renunciou ao trono, falecendo sen designar un sucesor.

Monarquía electiva

[editar | editar a fonte]

A renuncia da princesa Bernice Pauahi Bishop forzou ao lexislativo hawaiano a convocar eleccións para un rei que ocupase a vacante. Foron nomeados diversos membros afastados da familia Kamehameha, como candidatos, ao longo de 1872-73. Nese último ano en cerimonioso voto popular e con aprobación unánime da cámara de representantes foi escollido William C. Lunalilo (1873-1874) como novo rei.

Moeda de Kalākaua co seu busto no anverso (1883).

O rei Lunalilo faleceu sen ter designado sucesor. O lexislativo viuse forzado a convocar novas eleccións, na que se proclamaron candidatos a Raíña Emma, viúva de Kamehameha IV, e David Kalākaua. Nas eleccións de 1874, David Kalākaua converteuse no segundo monarca electivo de Hawai. Porén tropas dos EUA foron chamadas para dominar os tumultos formados polos partidarios de Emma. Kalākaua designou varios sucesores a fin de eliminar os problemas que creara a falta dun claro herdeiro ao trono.

A Constitución de 1887 ou "Constitución da baioneta"

[editar | editar a fonte]
O rei David Kalākaua.

En 1887, unha nova constitución, deseñada polo ministro do Interior, Lorrin A. Thurston, foi proclamada por Kalākaua, perante unha masa de 3.000 residentes de orixe alleo a Hawai, incluíndo a milicia armada, que demandou que a asinase ou sería deposto. Creaba unha monarquía constitucional en aparencia, e, ao estilo británico, cunha "Cámara de Nobres" (previamente designados polo rei). Incrementaba o valor da propiedade que se debía posuír para ser elixíbel e para votar, de xeito que se privaba de dereitos electivos aos hawaianos máis pobres e caucásicos, que ata entón puideran votar; denegaba ademais o voto ás persoas de orixe asiática, nesa altura unha parte importante da poboación (incluídos os escasos xaponeses e chineses de orixe que se puideran nacionalizar con anterioridade). Por contra outorgaba dereito de voto a europeos e norteamericanos, mesmo sen necesidade de estar nacionalizados hawaianos. A constitución foi denominada "da baioneta" polos seus opoñentes a causa da forza que se utilizara para impoñela. Para algúns a Constitución de 1887 marca o principio da fin do Reino de Hawai.

O derrocamento

[editar | editar a fonte]

En 1891 David Kalākaua faleceu sendo sucedido por Liliʻuokalani. A nova raíña tentou abolir a Constitución de 1887. En resposta negociantes e políticos (na súa maioría de orixe europea ou norteamericana) responderon, de xeito que 1.500 persoas armadas, dirixidas por un "Comité de Seguranza", tomaron o Pazo Real, desarmaron a Garda Real, e proclamaron un Goberno Provisorio. Adicionalmente, cidadáns norteamericanos residentes en Honolulu clamaron pola súa seguridade e a das súas pertenzas. De maneira que tropas dos Estados Unidos desembarcaron do buque USS Boston. En 1895, logo dun rexistro no Pazo Real, a ex-raíña Liliʻuokalani foi detida, presentada perante un tribunal da, xa entón, República de Hawai, e sometida a arresto domiciliario.

A República foi proclamada o 4 de xullo de 1894, co insurrecto Sanford B. Dole como primeiro presidente, que se dedicaría nos anos sucesivos a facer campaña a prol da anexión de Hawai aos Estados Unidos de América. Como se prevía, en 1898 o Congreso dos Estados Unidos aprobou o ingreso de Hawai como territorio. O ínclito Dole foi designado como primeiro gobernador do novo Territorio de Hawai.

Lista dos Reis de Hawai

[editar | editar a fonte]