Reino de Mallorca
Regne de Mallorca (ca) Reino de Mallorca (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Palma Perpiñán | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | latín vulgar | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 49.922 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1229 | ||||
Disolución | 11 de xullo de 1715 | ||||
Sucedido por | Captaincy General of Mallorca (en) | ||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía monarquía constitucional | ||||
O Reino de Mallorca foi un reino creado por Xaime I o Conquistador tras a súa conquista en 1231.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1262 morreu Afonso, o primoxénito do rei (quen ía herdar Aragón e Valencia). Entón, Xaime redactou un novo testamento polo que outorgaba Mallorca ao seu fillo Xaime. Esta disposición constitúe a orixe do Reino privativo de Mallorca, estruturado de forma definitiva no testamento de 1272. Así, cando Xaime I faleceu en 1276, a Coroa de Aragón quedou para o fillo máis vello, Pedro (coñecido como Pedro o Grande), e o reino de Mallorca para o seguinte, Xaime, que reinaría co nome de Xaime II.
O reino comprendía as illas Baleares: Mallorca, Menorca (aínda baixo o poder dun soberano musulmán aínda que tributaria desde 1231), Eivissa e Formentera. O rei era así mesmo señor dos condados do Rosellón e a Cerdaña e os territorios que o Conquistador conservaba en Occitania (o señorío de Montpellier, o vizcondado de Carlades, en Auvernia, e a baronía de Omelades, contigua a Montpellier). En virtude da posesión destes dominios continentais, os reis de Mallorca serían vasalos dos de Aragón.
A herdanza de Xaime era escasa e débil pero significativa: un enclave mediterráneo estratéxico e uns territorios entre dous grandes reinos, a Francia dos Capetos e a Coroa de Aragón, os cales estaban tamén en constante loita. Consciente da fraxilidade do reino de Mallorca, Xaime I proxectou a conquista de Sardeña para unila ao novo reino. Igualmente entrou en negociacións para concertar o matrimonio do seu fillo Xaime con Beatriz de Savoia, filla do conde Amadeo de Savoia. Ningún dos plans tivo éxito.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Mallorca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xenealoxía, Reis e Reinos: Reino de Mallorca Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
- A Conquista de Mallorca en mapas e cadros (en castelán)