René Pontoni
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) René Alejandro Pontoni ![]() 18 de maio de 1920 ![]() Santa Fe, Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 14 de maio de 1983 ![]() Santa Fe, Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1940 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1947 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1947 (pt) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1946 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1946 (pt) ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1945 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1945 (pt) ![]() ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
René Alejandro Pontoni, nado o 18 de maio de 1920 en Santa Fe e finado o 14 de maio de 1983 foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pontoni comezou a xogar no Gimnasia y Esgrima de Santa Fe, de aí pasou a Newell's Old Boys en 1940. Tres anos despois Newell's acada o seu primeiro título internacional, a Copa de Ouro Rioplatense, torneo amigábel disputado co sistema de Todos contra todos entre Nacional, Peñarol, Boca Juniors, San Lorenzo, Racing Club e CA Independiente.
En 1945 fichou polo San Lorenzo de Almagro, deixando o Newell's cuns números que o converten no xogador coa mellor media de goles/encontro da historia do club.
Debutou con San Lorenzo o 22 de abril de 1945, anotando tres goles. Un ano despois o equipo logra o Campionato de Primeira División arxentina, formando unha dianteira histórica, o terceto de ouro con Farro e Martino. Ese ano tamén realizaron unha xira por Europa.
A súa carreira en San Lorenzo truncouse cunha grave lesión en 1948, a fractura da rótula, menisco e ligamentos da perna dereita, despois da cal nunca volveu ser o mesmo xogador.
Unha vez recuperado da lesión fichou polo Independiente de Santa Fe de Colombia, ata 1952 cando fichou polo Portuguesa Desportos brasileira.
En 1954 regresa a San Lorenzo, onde se retirou ese mesmo ano.
Pontoni foi internacional coa Selección de fútbol da Arxentina entre os anos 1942 e 1947, neste tempo disputou tres Copas América (1945, 1946 e 1947) acadando o equipo arxentino o título de campión nas tres ocasións.
Unha vez retirado traballou coma adestrador en diferentes equipos arxentinos, coma San Lorenzo de Almagro.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos Nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Primeira división arxentina | San Lorenzo de Almagro | ![]() |
1946 |
Campionatos Internacionais
[editar | editar a fonte]Título | Sede | Equipo | Ano |
---|---|---|---|
Copa América | ![]() |
Selección de fútbol da Arxentina | 1945 |
Copa América | ![]() |
Selección de fútbol da Arxentina | 1946 |
Copa América | ![]() |
Selección de fútbol da Arxentina | 1947 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tomás Rodríguez (7 de xuño de 2008). "El inigualable René "Huevo" Pontoni surgió en los potreros de Santa Fe". El Litoral (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2014.
- Nados na provincia de Santa Fe
- Nados en 1920
- Finados en 1983
- Futbolistas da Arxentina
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do CA San Lorenzo de Almagro
- Xogadores do CA Newell's Old Boys
- Xogadores do Club Independiente de Santa Fe
- Xogadores do Associação Portuguesa de Desportos
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do CA San Lorenzo de Almagro
- Arxentinos de ascendencia italiana
- Futbolistas gañadores da Copa América