Saltar ao contido

Renata Ávila Pinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRenata Ávila Pinto

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Guatemala Editar o valor en Wikidata
Directora executiva Fundación Coñecemento Aberto
outubro de 2021 –
Executive director (en) Traducir Fundación Ciudadanía Inteligente
2018 – valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Turín
Universidade Francisco Marroquín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, Activista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6871966 Twitter: avilarenata Editar o valor en Wikidata

Renata Ávila Pinto, nada en Guatemala o 1 de xaneiro de 1981, é unha avogada e activista guatemalteca, especializada en tecnoloxía e propiedade intelectual que traballa na intersección dos dereitos humanos coa tecnoloxía. É portavoz e parte do equipo que defende a Julian Assange e Wikileaks, baixo a dirección de Baltasar Garzón.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 2018 e 2021 foi a directora executiva da Fundación Cidadanía Intelixente con sede en Chile e o Brasil. Desde outubro de 2021 é a Directora executiva da Open Knowledge Foundation.[3]

Foi defensora de sobreviventes de xenocidio e outros abusos de dereitos humanos en Guatemala. Formou parte do equipo legal liderado pola avogada española Almudena Bernabéu no caso de Rigoberta Menchú Tum contra Efraín Ríos Montt.[4][5][6]

É membro do directorio de Creative Commons, organización internacional que avoga polo coñecemento aberto e a cultura libre. Tamén é membro do Directorio de DiEM25, unha iniciativa paneuropea lanzada polo exministro de finanzas grego e economista Yanis Varoufakis, que busca democratizar a Unión Europea.[7]

No libro Women, Whistleblowing, Wikileaks: A Conversation, que escribiu xunto a Sarah Harrison e Angela Richter, fálase das mulleres que tiveron un rol activo en WikiLeaks, pero que non tiveron a mesma cobertura en medios de comunicación.[8]

  1. "Llegó la hora de sacar la voz | Revista Paula". Revista Paula (en castelán). 21 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  2. "Spanish court to question witnesses over ‘illegal surveillance’ of WikiLeaks founder Julian Assange" (en inglés). Consultado o 2021-01-05. 
  3. "A new CEO for Open Knowledge Foundation – Renata Ávila" (en inglés). 2021-10-12. Consultado o 2021-10-12. 
  4. "Guatemala lucha contra la impunidad" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de julio de 2016. Consultado o 4 de octubre de 2018. 
  5. "Renata Ávila | CCCB". Consultado o 8 de octubre de 2018. 
  6. López Delgado, Ana. "Guatemala lucha contra la impunidad" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de julio de 2016. Consultado o 8 de octubre de 2018. 
  7. "Blogger de la semana: Renata Ávila Pinto · Global Voices en Español". Global Voices en Español (en castelán). 24 de marzo de 2008. Consultado o 18 de octubre de 2018. 
  8. "A Conversation with the Women of WikiLeaks" (en inglés). Consultado o 4 de octubre de 2018.