Renfe Integria
Renfe Integria é a marca comercial baixo a cal traballa a empresa de mantemento de material ferroviario española Renfe Fabricación y Mantenimiento, S. A., unha sociedade anónima propiedade do operador ferroviario Renfe Operadora.
Anteriormente, Renfe Integria era unha Unidade de Negocio integrada en Renfe Operadora. Foi segregada do devandito ente en xaneiro de 2013 a causa do plan do Goberno de España para a segregación das actividades de Renfe Operadora en catro sociedades anónimas da súa propiedade.[1]
Os labores de Renfe Integria comprenden o mantemento, fabricación e remodelación do material ferroviario de Renfe Operadora, a reparación dos compoñentes do devandito material, así como a súa venda e alugueiro. Tamén ofrece exerce labores de consultoría en enxeñería de produtos ferroviarios. Tras a integración de FEVE en Renfe Operadora en xaneiro de 2013, Renfe Integria é tamén a encargada do mantemento dos trens de vía estreita herdados da devandita empresa.