Renovación (Pontevedra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Renovación.
Renovación | |
---|---|
País | España |
Lugar | Pontevedra |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Renovación foi un semanario editado en Pontevedra en 1918.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario social-agrario. Órgano de la mayoría de las Sociedades del Partido Judicial de Pontevedra, apareceu o 1 de febreiro de 1918. Saía todos os domingos. Estivo dirixido por Lino Gerpe. De tendencia agrarista de esquerdas, segue as vicisitudes das sociedades agrarias da bisbarra e fai chamamentos para a creación dunha Federación Agraria do Partido Xudicial. Incluíu algúns poemas. O último exemplar conservado é o número 13, do 28 de abril de 1918.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Renovación". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Renovación". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. p. 114. ISBN 84-932078-3-7.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.