República Autónoma de Abkhazia
აფხაზეთის ავტონომიური რესპუბლიკა (ka) Аԥснытәи Автономтә Ареспублика (ab) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Governo da República da Abecásia (pt) | ||||
Estado | Xeorxia | ||||
Capital | Sukhumi | ||||
Contén a división administrativa | Gagra Municipality (en) Gali Municipality (en) Gudauta Municipality (en) Gulripshi Municipality (en) Ochamchire (pt) Sokhumi Municipality (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.013 (1994) (0,23 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua xeorxiana Lingua abkhaza | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8.665 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1991 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Governo da República Autônoma da Abecásia (pt) | ||||
• Xefe do goberno | Ruslan Abashidze (en) (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 44 | ||||
ISO 3166-2 | GE-AB | ||||
Sitio web | abkhazia.gov.ge |
O Goberno da República Autónoma de Abkhazia (xeorxiano: აფხაზეთის ავტონომიური რესპუბლიკის მთავრობა) é unha administración recoñecida por Xeorxia como o goberno legal e único de Abkhazia. Abkhazia foi "de facto" independente de Xeorxia, aínda que con moi pouco recoñecemento internacional, desde principios de 1990. Vakhtang Kolbaia, elixido en abril de 2013, é o actual xefe do goberno no exilio.
Logo da Guerra en Abkhazia (1992-1993), Xeorxia propuxo negociacións a cinco bandas entre o Goberno da República Autónoma, o goberno de Abkhazia "de facto" e do goberno de Xeorxia, xunto con Rusia e a ONU como partes interesadas, para resolver o estado final de Abkhazia no marco do estado xeorxiano.[1] O lado Abkhazio quería asegurarse de que Xeorxia non intentaría resolver o problema pola forza das armas antes de tomar parte nas negociacións.
Entre setembro de 2006 e xullo de 2008, o goberno da República Autónoma de Abkhazia tivo a súa sede na Alta Abkhazia. pero, foi obrigado a abandonar o territorio de Abkhazia en agosto de 2008, durante a Guerra Ruso-Xeorxiana, polas Forzas Armadas de Abkhazia. Alta Abkhazia é un territorio que ten unha poboación de cerca de 2.000 habitantes (1-1,5% da poboación de posguerra de Abkhazia) e está situada na parte superior do Val de Kodori (aproximadamente o 17% do territorio da antiga República Autónoma Socialista Soviética de Abkhazia. O goberno no exilio é parcialmente responsable dos asuntos duns 250.000 desprazados internos que foron forzados a abandonar a Abkhazia logo da guerra de Abkhazia e a resultante limpeza étnica de xeorxianos da zona.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Guerra en Abkhazia, o Goberno da República Autónoma de Abkhazia, entón chamado o "Consello de Ministros de Abkhazia", deixou Abkhazia despois de que as forzas separatistas abkhazas tomasen o control da capital da rexión Sukhumi. Logo de fortes combates o 27 de setembro de 1993, que levarona ao masacre de Sukhumi, no que varios rebeldes do goberno de Abkhazia, incluído o seu presidente Zhiuli Shartava, foron executados polos rebeldes. O Consello de Ministros trasladouse á capital de Xeorxia Tbilisi, onde operou como o Goberno de Abkhazia no exilio durante case 13 anos. Durante este período, o goberno de Abkhazia no exilio, dirixido por Tamaz Nadareishvili, era coñecido por unha actitude dura no problema abkhazo e frecuentemente expresou a súa opinión de que a solución ao conflito só se pode alcanzar a través da resposta do exército de Xeorxia ao secesionismo. Máis tarde, a administración de Nadareishvili viuse implicada nalgunhas disputas internas e non tomou parte activa na política de Abkhazia ata que un novo presidente, Irakli Alasania, foi nomeado polo presidente de Xeorxia, Mikheil Saakashvili, o seu enviado nas negociacións de paz sobre Abkhazia.
Logo da exitosa operación xeorxiana da Crise de Kodori de 2006 no Val Kodori, cualificada como operación policial, na que o "señor da guerra" Emzar Kvitsiani foi desarmado e a orde constitucional restituída na zona, o presidente Saakashvili anunciou, o 27 de xullo de 2006, que as autoridades decidiran establecer o goberno abkhazo baseado en Tbilisi no exilio no desfiladeiro de Kodori (Alta Abkhazia):
Esta decisión significa que por primeira vez desde 1993 o goberno entra no medio da Abkhazia, da nosa Abkhazia, para exercer a xurisdición xeorxiana e a orde constitucional xeorxiana. Este é un feito moi importante e un acontecemento político fundamental.[4]
Durante a Guerra Ruso-Xeorxiana de 2008, a República de Abkhazia uniuse cos osetios e abriu unha segunda fronte contra Xeorxia. Durante a Batalla do Val de Kodori as forzas abkhazas leales ao Goberno da República de Abkhazia empuxaron ao Goberno da República Autónoma de Abkhazia fóra da rexión de Abkhazia. Sergei Bagapsh, o presidente do Goberno da República de Abkhazia dixo nun discurso aos abkhazos que dicían que "a xurisdición do estado de Abkhazia foi restaurada na parte ald do Val de Kodori.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Resolution of the Parliament of Georgia on the measures of conflict settlement in Abkhazia". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2018.
- ↑ Birgitte Refslund Sørensen, Marc Vincent (2001), Caught Between Borders: Response Strategies of the Internally Displaced, pp. 234-5. Pluto Press, ISBN 0-7453-1818-5.
- ↑ On Ruins of Empire: Ethnicity and Nationalism in the Former Soviet Union Georgiy I. Mirsky, p. 72
- ↑ Tbilisi-Based Abkhaz Government Moves to Kodori Arquivado 12 de outubro de 2007 en Wayback Machine., Civil Georgia, 27 de xullo de 2006. URL accessed on 28 de xullo de 2007.
- ↑ "Sergei Bagapsh announces restoration of control over Kodori Gorge". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República Autónoma de Abkhazia |