República Popular de Albania
Republika Popullore Socialiste e Shqipërisë (sq) | |||||
Himno | Hymni i Flamurit | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Proletarios de todos os países» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tirana | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.072.000 (1985) (106,86 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua albanesa | ||||
Relixión | ateísmo e ateísmo de estado | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 28.748 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 11 de xaneiro de 1946 | ||||
Disolución | 22 de marzo de 1992 | ||||
Sucedido por | Albania | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | unipartidismo República parlamentaria people's democracy (theoretical concept within Marxism–Leninism) (en) | ||||
Membro de | Pacto de Varsovia (1955–1968) | ||||
Moeda | Lek albanés | ||||
A República Popular Socialista de Albania (en albanés Republika Popullore Socialiste e Shqipërisë ), oficialmente a República Popular de Albania dende 1946 ata 1976, foi o estado comunista de partido único en Albania de 1946 a 1991. Sucedeu ao Goberno Democrático de Albania (1944 - 1946).
Durante este período, o país estivo gobernado principalmente por Enver Hoxha e o Partido do Traballo de Albania. Gobernaron Albania establecendo un estilo estalinista, e máis tarde hoxhaista, de administración estatal e uníndose a políticas que enfatizaban a unidade nacional e a autosuficiencia.[1] Descrito polos estudosos como un estado totalitario,[2] as restricións de viaxes e visados fixeron de Albania un dos países máis difíciles de visitar ou ao que viaxar. Sendo o único país de maioría musulmá de Europa, declarouse o primeiro estado ateo do mundo en 1967. Pero despois da caída do comunismo en Albania en 1991, a práctica da relixión foi aumentando lentamente.[3] Foi o único membro do pacto de Varsovia que se retirou formalmente da alianza antes de 1990, unha acción que foi ocasionada pola invasión de Checoslovaquia polo Pacto de Varsovia en agosto de 1968. O goberno implementou reformas que tiñan como obxectivo modernizar Albania e que resultaron en importantes cambios e beneficios nas áreas da industria, a agricultura, a educación, as artes e a cultura, que contribuíron a un aumento xeral do nivel de vida da poboación albanesa. Non obstante, estes acontecementos coincidiron coa represión política da policía secreta, os Sigurimi, para evitar unha contrarrevolución, que incluía o despedimento, o encarceramento en campos de traballo forzado e as execucións.[4] Porén, outras fontes albanesas directas establecen o número de aproximadamente 6 000 execucións, a maioría levadas a cabo no período da guerra civil (1941-1944).[5]
As primeiras eleccións multipartidistas na Albania socialista tiveron lugar o 31 de marzo de 1991: os comunistas conseguiron a maioría nun goberno interino. A República de Albania foi proclamada o 29 de abril de 1991 e as primeiras eleccións parlamentarias do país celebráronse o 22 de marzo de 1992. A República Socialista Popular de Albania foi disolta oficialmente o 28 de novembro de 1998 tras a adopción da nova Constitución de Albania.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kushtetuta e Republikës Popullore Socialiste të Shqipërisë" [Constitución da República Popular Socialista de Albania]. 1977.
- ↑ Pajo, Matilda (2016). "Consequences of the Totalitarian Past on Albanian post-communist society" (PDF). Revistia 3 (1): 138–141.
- ↑ Majeska, George P. (1976). "Religion and Atheism in the U.S.S.R. and Eastern Europe, Review". The Slavic and East European Journal 20 (2): 204–206. JSTOR 305838.
- ↑ "Socialist Albania: The Stalinist state". britannica.com.
- ↑ "The truth about the 6000 people killed by communists in Albania". gazetatema.net. Consultado o 2017.