Reporteiros Sen Fronteiras
Reporteiros Sen Fronteiras | |
---|---|
Acrónimo | RSF |
Tipo | organización |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 1985 |
Fundador(es) | Robert Ménard, Émilien Jubineau, Jacques Molénat e Rémy Loury |
Presidente/a | Pierre Haski (2017-) https://www.wikidata.org/wiki/Q98949918?uselang=gl]] (2015-2017)
Alain Le Gouguec (pt) (2013-2015) Dominique Gerbaud (en) (2009-2013) |
Secretario/a | Jean-François Julliard, Robert Ménard, Christophe Deloire e Thibaut Bruttin |
Nº de empregados | 121 |
Premios | Lorenzo Natali Journalism Prize, Charlemagne Medal for European Media, Premio Sakharov, Dawit Isaak award, Dr. Erich Salomon Prize, Premio de xornalismo Antonio Asensio, Roland Berger Award for Human Dignity, Siebenpfeiffer Award e Premio Monismanien |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
https://rsf.org/fr, https://rsf.org/en, https://rsf.org/es, https://rsf.org/pt-br, https://rsf.org/ar e https://rsf.org/fa | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Reporteiros Sen Fronteiras (RSF, en francés: Reporters sans frontières) é unha organización non gobernamental e sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a protección do dereito á liberdade de información. Describe a súa defensa como baseada na crenza de que todo o mundo require acceso ás novas e á información, en liña co artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos que recoñece o dereito a recibir e compartir información sen importar as fronteiras, igual que outras cartas de dereitos internacionais.[1] RSF ten status consultivo nas Nacións Unidas, a UNESCO, o Consello de Europa e a Organización Internacional da Francofonía.[2]
Actividades
[editar | editar a fonte]RSF traballa na defensa de xornalistas individuais en risco e tamén nos niveis altos dos gobernos e dos foros internacionais para defender o dereito á liberdade de expresión e á información. Achega informacións e notas de prensa diarias sobre ameazas á liberdade dos medios de comunicación en francés, inglés, castelán, portugués, árabe, persa e chinés e publica un compendio anual sobre a liberdade de prensa, o índice mundial da liberdade de prensa, que mide o estado da liberdade de prensa en 180 países. A organización proporciona asistencia a xornalistas en risco e adestramento en seguridade física e dixital, ademais de facer campañas para informar o público dos abusos contra os xornalistas e para asegurar a súa seguranza e liberdade. RSF fai presión sobre os gobernos e as organizacións internacionais para adoptar estándares e lexislación de apoio á liberdade dos medios de comunicación e toma accións legais na defensa dos xornalistas ameazados.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]RSF foi fundada en Montpellier en 1985 por Robert Ménard, Rémy Loury, Jacques Molénat e Émilien Jubineau. Foi rexistrada como unha organización sen ánimo de lucro en 1995.[4] Ménard foi o primeiro secretario xeral de RSF, sucedido por Jean-Francois Juillard. Christophe Deloire foi nomeado secretario xeral en 2012.[5]
Estrutura
[editar | editar a fonte]A sede central de RSF está en París. Ten trece oficinas rexionais e nacionais, incluíndo Bruxelas, Londres, Washington, Berlín, Río de Xaneiro e Dakar, e unha rede de 146 correspondentes.[6] Emprega 57 persoas asalariadas en París e internacionalmente.[7] Un cadro directivo, elixido entre os membros de RSF, aproba as políticas da organización.[8] Un consello internacional supervisa as actividades da organización e aprova as contas e o orzamento.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ RSF Annual Report 2018, p5
- ↑ "Presentation, Reporters Without Borders (RSF), for freedom of information". RSF. 2016-01-22. Consultado o 20 de febreiro de 2020.
- ↑ RSF Annual Report 2018, pp14-16
- ↑ "RSF Presentation". RSF. 2016-01-22. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "Christophe Deloire appointed Reporters Without Borders director-general". RSF. 2012-05-21. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ RSF Annual Report 2018, pp51-52
- ↑ RSF Annual Report 2018, p10
- ↑ "Administration Board". RSF. 2016-07-26. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
- ↑ "International Council". RSF. 2016-07-26. Consultado o 24 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reporteiros Sen Fronteiras |