Reserva da biosfera Vidzeme norte
(lv) Ziemeļvidzemes biosfēras rezervāts | ||||
Tipo | biosphere reserve (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vidzeme, Letonia | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 475.514 ha | |||
Reserva da biosfera | ||||
Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1997 | |||
A reserva da biosfera Vidzeme norte é a única reserva da biosfera de Letonia. Cubre unha área de 60 quilómetros sobre o Golfo de Riga e o interior da rexión de Vidzeme, veciña a Estonia.
Ecosistema
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]A turfeira alta de maior extensión dos Estados bálticos pódese atopar nesta reserva. Asemade, o seu litoral está poboado dunha continuación de prados costeiros. Os cantís ananos de Skanaiskalns e o río Salaca rematan nunha área de cantís vermellos, Pietrags.[1]
Fauna
[editar | editar a fonte]Unha colonia de cegoñas brancas domina a área de Matisi con regularidade.
Sociedade e economía
[editar | editar a fonte]A reserva da biosfera Vidzeme norte é a única zona con protección especial no país, cubrindo 457,600 hectáreas de terreo e 16,750 hectáreas de mar. Esta condición foi aprobada o 15 de decembro de 1997, recoñecendo o seu valor e o cumprimento dos requisitos do contexto que aporta a UNESCO para este tipo de reservas con recoñecemento internacional. A reserva estende o seu valor socio-económico ao incluír non só áreas de relevancia natural senón tamén plantacións dendrolóxicas, elementos de valor xeolóxico e xeomórfico así como escenarios históricos letóns.
Lexislación
[editar | editar a fonte]A reserva da biosfera acolle no seu territorio espazos protexidos por outras medidas lexislativas e de acción, como é:
- As torres de observación ornitolóxicas nos prados costeiros da biosfera.
- A pesca tradicional no lago Burtnieki.
- Cova de área de Liv no río Svetupe, recoñecida por acoller ritos pagáns anteriores ao século XVII [2]
- Restaurantes de lamprea.
- O museo de Munchausen en Dunte.
- A zona antiga de Rujiena, exemplo de clasicismo despoxado.
- Salacgriva, o museo de Salacgriva, festival dos pescadores en Salacgriva e o festival Positivus.
- Limbazi e o seu museo da prata.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reserva da biosfera Vidzeme norte"(en inglés)
- ↑ Reserva da biosfera Vidzeme norte Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.(en inglés)