Reserva de Caza do Kalahari Central
Tipo | reserva de caza | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Botswana | |||
| ||||
Características | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 27 de outubro de 2010 | |||
Identificador | 5555 | |||
Categoría Ib da UICN: área silvestre | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 7510 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1961 | |||
A Reserva de Caza do Kalahari Central é un extenso parque nacional que se atopa no deserto do Kalahari de Botswana. Establecido no ano 1961, ten unha superficie de 52 800 quilómetros cadrados. Isto é máis que a superficie dos Países Baixos e representa case o 10% da superficie total de Botswana, o que a converte na segunda reserva de caza meirande do mundo.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O pobo san habitou as terras da reserva dende hai miles de anos cun estilo de vida de cazadores nómades.[2] Non obstante, dende mediados da década de 1990, o goberno de Botswana intentou expulsar o pobo san da reserva, afirmando que eran unha fuga de recursos financeiros a pesar dos ingresos do turismo. En 1997, tres cuartas partes de toda a poboación san foi trasladada da reserva e, en outubro de 2005, o goberno comezou novamente a movelos aos campos fóra do parque, deixando só uns 250 ocupantes permanentes.[3] En 2006, un tribunal de Botswana proclamou ilegal o desaloxamento e reafirmou o dereito dos san para volver á reserva. Así e todo, a partir do 2015, a maioría deles aínda tiñan bloqueado o acceso ás súas terras tradicionais na reserva. A prohibición nacional de caza fixo ilegal que seguisen practicando o seu estilo tradicional de vida como cazadores recolectores, aínda que si permite que se organicen partidas de caza privadas para os turistas.[4]
A mediados de setembro de 2008, un enorme lume queimou arredor do 80% da reserva (principalmente matogueiras). Descoñécese a orixe dese lume.[5][6] En 2014 abriuse unha mina de diamantes explotada por Gem Diamonds na parte sueste da reserva. A compañía estimou que a mina podería producir diamantes por valor de 4 900 millóns de dólares.
Fauna salvaxe
[editar | editar a fonte]Este parque é o fogar de numerosas especies animais como a xirafa, o elefante, o rinoceronte branco, o búfalo africano, a hiena pinta, a hiena parda, o ratel, a suricata, mangosta amarela, o Phacochoerus africanus, o guepardo, o caracal, o licaón, o raposo orelludo, o chacal de lombo negro, o raposo do Cabo, o leopardo, o león, o ñu azul, a cebra, o Taurotragus oryx, o Hippotragus niger, o Oryx gazella, a Antidorcas marsupialis, o Raphicerus campestris, o impala, o cudú maior, o porco formigueiro, o esquío terrestre do Cabo, a lebre do Cabo, porco espiño do Cabo, o Papio ursinus, o alcélafo caama e a avestruz. O terreo é maioritariamente chan e ondulado, cuberto de matogueiras e herbas que cobren as dunas de area e zonas de árbores máis grandes. Moitos dos vales dos ríos están fosilizados con salinas. Catro ríos discorren a través da reserva, incluíndo o Deception Valley, que comezou a formarse hai uns 16 000 anys.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Central Kalahari Game Reserve - Attractions - Tourism of Botswana". Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2011. Consultado o 5 de maio de 2011.
- ↑ "Central Kalahari Game Reserve - Botswana". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Go2Africa.com (ed.). "Go2Africa.com". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2013.
- ↑ Dixon, Robyn (28 de febreiro de 2015). "In Botswana reserve, Bushmen still being deprived of rights". Los Angeles Times.
- ↑ Earthobservatory.nasa.gov, ed. (29 de agosto de 2008). "Report and satellite image from NASA". Consultado o 24 de setembro de 2013.
- ↑ Michon Scott; Rebecca Lindsey (26 de setembro de 2008). NASA Earth Observatory, ed. "Huge Bushfire in the Kalahari". Consultado o 3 de maio de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Williams A. Adams, John Hutton: People, Parks and Poverty: Political Ecology and Biodiversity Conservation. Conservation and Society, 2005.
- Manuela Zips-Mairitsch: Lost Lands? (Land) Rights of the San in Botswana and the legal concept of indigeneity in Africa. IWGIA/LIT, 2013, ISBN 978-87-92786-35-7.