Resident Evil Gaiden
Resident Evil Gaiden | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom |
Lanzamento | 14 de decembro de 2001 |
Xénero | videoxogo de acción e aventura |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Game Boy Color |
Na rede | |
http://tomcat.capcom.co.jp/search/gameindex.php?NUTITLEID=20020307150015 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resident Evil Gaiden é un videoxogo producido e distribuído por Capcom, pertencente á serie Resident Evil. Foi lanzado no ano 2002 para a Nintendo Game Boy Color.
Historia
[editar | editar a fonte]Despois dos feitos acontecidos durante Resident Evil 2, unha serie de superviventes do incidente de Raccoon City crean unha organización de sabotaxe á Corporación Umbrella. Descobren que Umbrella transporta un experimento biolóxico (BOW) nun barco e deciden interceptalo. A bordo soben Leon S Kennedy (un dos protagonistas de Resident Evil 2) e Barry (un dos protagonistas de Resident Evil), que atopan un abrocho do virus T. Xunto ao barco chega ademais, un submarino de Umbrella. Tras diversos combates, o navío foi destruído e Leon, Barry e unha supervivente, Lucía, foxen cun helicóptero.
Estilo de xogo
[editar | editar a fonte]O xogo alterna a primeira coa terceira persoa. Mentres camiñamos e exploramos a vista é de terceira persoa, mentres que durante os combates, pasamos a primeira persoa.