Residue (serie de televisión)
Residue | |
---|---|
Formato | Drama e ciencia ficción |
Creado por | Álex García López |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 3 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Hugo Heppell Greg Phillips Jonathan Ford Alan Lathan |
Duración | 43 minutos por episodio |
Distribuidor | Freeway Entertainment and Content Media Corporation |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 31 de marzo de 2015 |
Na rede | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Residue é unha serie de televisión británica dirixida por Álex García López. Trátase dunha produción de ciencia ficción de tres episodios que se centra na vida da fotoxornalista Jennifer Preston despois dunha misteriosa explosión no centro da cidade na que vive. A serie foi dobrada ao castelán, alemán e francés. A rodaxe tivo lugar en Hong Kong, Londres e Yorkshire.
Argumento
[editar | editar a fonte]Tras unha grande explosión nun club nocturno durante a celebración do Aninovo, o goberno pon en corentena unha ampla zona da cidade alegando contaminación por mor dunha arma química. A fotoxornalista Jennifer Preston investiga unha serie de sucesos misteriosos que acontecen arredor das zonas contaminadas. Descubrirá unha rede de mentiras relacionadas cos fenómenos paranormais que parecen ter orixe na área en corentena, mentres o goberno tenta seguir gardando o segredo.[1]
Elenco
[editar | editar a fonte]Elenco | Personaxe |
---|---|
Natalia Tena | Jennifer Preston |
Iwan Rheon | Jonas Flack |
Jamie Draven | Levi Mathis |
Danny Webb | Emeril Benedict |
Franz Drameh | Willy G |
Adrian Schiller | Pierce |
Eleanor Matsuura | Angela Rossi |
Brian Ferguson | Dickie Prince |
Emilia Jones | Charlotte |
Tom Goodman-Hill | Keller |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ TBIvision (ed.). "Show of the week: Residue". Consultado o 25 de xuño de 2017.