Retorno a Tagen Ata (curtametraxe)
Retorno a Tagen Ata | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Eloy Lozano |
Guión | Eloy Lozano |
Intérpretes | Alfredo Cortón, Manolo Gómez, Pepe de Lage, Ángel Martínez, Delfina Meire, Lourdes Soto |
Estrea | 1974 |
Duración | 12 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Retorno a Tagen Ata é unha curtametraxe de Eloy Lozano, rodada en 1974 na Merca e A Valenzá baseada na novela homónima de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Historia
[editar | editar a fonte]Retorno a Tagen Ata foi a primeira curta galega en rodarse no formato profesional de 35 mm[1]. Rodada en condicións precarias e sen case presuposto no debut do director, presenta múltiples problemas técnicos pero mantén unha fonda vocación narrativa[2]. A súa estrea foi nas III Xornadas de Cine de Ourense en xaneiro de 1975.[3] A copia orixinal está no CGAI, institución que en 2011 realizou unha nova copia para proxeccións.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha moza nova volve a Tagen Ata, a súa terra e un país sen liberdade, para se entrevistar co líder da resistencia interior, e personaxe misterioso. Na entrevista este dille que xa non hai motivos para a loita tras concederlle desde o poder central certa autonomía ao país.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eloy Lozano, o cineasta que quería queimar Tagen Ata", artigo de Iago Martínez en El País, 22 de outubro de 2011 (en castelán).
- ↑ "Retorno ó cine con Eloy Lozano", artigo de Francisco X. Fernández Naval en Faro de Vigo, 24 de novembro de 2012.
- ↑ Manuel González: Cronoloxía do cine en Galicia 1970-1990 Arquivado 08 de outubro de 2013 en Wayback Machine., CGAI.