Retraemento
O retraemento foi unha estratexia política mediante a cal un partido non se presentaba ás eleccións co fin de denunciar a falta de lexitimidade dun partido gobernante ou dun réxime político no poder. Consiste en absterse de participar no xogo político animando aos seguidores a absterse de votar.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Durante o século XIX, nun momento en que en España estaba pouco desenvolvido o sistema parlamentario, tódolos partidos políticos promoveron nalgún momento esta estratexia. Os liberais progresistas [2]fixérono antes de 1868, causando a caída da monarquía e a chegada da revolución de setembro; e os afonsinos, republicanos e carlistas[3] fixérono en 1872 co fin de provocar a caída da monarquía de Amadeu de Savoia.
En ocasións o «retramento» foi practicado en combinación coa insurrección ou os pronunciamentos militares. O non recoñecemento do réxime político establecido, a denuncia de que o devandito réxime non permitía o libre xogo político, por exemplo a base de manipular as eleccións ou, en fin, as escasas posibilidades de lograr un bo resultado electoral, foron as razóns para boicotear o proceso político e promover a abstención.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pirala, Antonio (1877). Historia contemporánea. Anales desde 1843 hasta la conclusión de la última guerra civil (en castelán). Madrid: Imprenta y fundición de Manuel Tello.
- Vizconde del Pontón (maio 1872). "El gobierno parlamentario en Inglaterra en tiempos de Jorge II". Revista de España (en castelán) (Madrid) XXVI (101): 5–26.
- Pérez Galdós, Benito (maio 1872). "Revista política interior". Revista de España (en castelán) (Madrid) XXVI (102): 292–300.