Retrato de Tenochtitlan
Retrato de Tenochtitlan (en náhuatl: In ixtli, in yollotl in Tenochtitlan) é unha representación gráfica de Tenochtitlan e do val de México ao redor do ano 1518, creada en 3D por computadora polo programador neerlandés Thomas Kole. A recreación artística xera imaxes cribles da capital dos mexicas que se sobrepoñen a fotografías da moderna Cidade de México tomadas con drons polo enxeñeiro xeomático mexicano Andrés Semo.[1]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Kole creou as imaxes utilizando software de código aberto Blender, Gimp e Darktable no seu tempo libre entre 2022 e 2023. Kole baseouse en fontes publicadas e beneficiouse de consellos de expertos.[2]
Lanzamento
[editar | editar a fonte]As imaxes publicáronse na páxina web do proxecto en setembro de 2023, incluíndo un texto en náhuatl, traducido por Rodrigo Ortega Acoltzi do castelán.[3] Os dereitos liberáronse con atribución obrigatoria baixo licenza Creative Commons BY 4.0.
Recepción
[editar | editar a fonte]Retrato de Tenochtitlán chamou a atención de National Geographic en castelán e fíxose viral. Na súa primeira visita á Cidade de México de Kole, en febreiro de 2024, presentou o seu traballo xunto con Semo e Ortega no Museo Nacional de Antropoloxía de México.[4] Unha semana despois presentaron o traballo no Centro Cultural Universitario Tlatelolco.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Visto cara ao oeste
-
Tenochtitlan e o Popocatépetl
-
Vista de Tenochtitlan mirando cara a Tenayuca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Forbes, Foto (2023-09-08). "Fotogalería: El retrato en 3D de Tenochtitlan que se hizo viral". Forbes México (en castelán). Consultado o 2024-03-01.
- ↑ "Retrato de Tenochtitlan". tenochtitlan.thomaskole.nl. Consultado o 2024-03-01.
- ↑ Leija, Lydia (2023-09-06). "La capital imperial vuelve a la vida: Explora la reconstrucción 3D de Tenochtitlan realizada por el artista holandés Thomas Kole". National Geographic en Español (en castelán). Consultado o 2024-03-01.
- ↑ "“Retrato de Tenochtitlan”: Así reimaginaron en 3D la capital mexica, tal como en 1518". SinEmbargo MX (en castelán). 2024-02-17. Consultado o 2024-03-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Retrato de Tenochtitlan |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web (en inglés) (en castelán) (en náhuatl)