Retratos Fantasmas
Retratos Fantasmas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Retratos Fantasmas |
Director | Kleber Mendonça Filho |
Produtor | Emilie Lesclaux |
Guión | Kleber Mendonça Filho |
Intérpretes | Kleber Mendonça Filho |
Música | Tomas Alves Souza |
Fotografía | Pedro Sotero |
Montaxe | Matheus Farias |
Estudio |
|
Distribuidora | Vitrine Filmes (Brasil) |
Estrea | Cannes: 19 de maio de 2023 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | Brasil |
Xénero | Documental |
Na rede | |
Retratos Fantasmas é un filme documental brasileiro de 2023 dirixido e escrito por Kleber Mendonça Filho. O filme revisita a cidade natal de Kleber, a cidade brasileira de Recife, a través do prisma histórico dos cinemas que frecuentaba, a partir da súa propia imaxe de arquivo persoal, lembrando o que antes eran lugares idílicos, hoxe pechados, que constituían un importante marcador temporal na evolución da sociedade brasileira.[1]
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023, na sección Special Screenings.[2] Posteriormente foi proxectado na sección Main Slate do Festival de Cinema de Nova York[3] e na sección Wavelengths do Festival Internacional de Cinema de Toronto. Foi escollido como candidato do Brasil para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ bpavan (2023-05-19). "Retratos Fantasmas (Pictures of Ghosts), Kleber Mendonça Filho returns to Recife". Festival de Cannes (en inglés). Consultado o 2023-07-29.
- ↑ "RETRATOS FANTASMAS". Festival de Cannes (en inglés). 2023-05-19. Consultado o 2023-07-29.
- ↑ "61st New York Film Festival Main Slate Announced". Film at Lincoln Center (en inglés). 2023-08-08. Consultado o 2023-08-11.
- ↑ "Brasil escolhe "Retratos Fantasmas", de Kleber Mendonça Filho, como o seu representante na corrida ao Oscar 2024 de Melhor Filme Internacional!". Termômetro Oscar 2024 - Candidatos, Indicados e Vencedores (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 2023-09-19. Consultado o 2023-09-12.