Revista Galega de Filoloxía
Revista Galega de Filoloxía | |
---|---|
Fundación | 2000 |
Director | Xosé Manuel Sánchez Rei |
Editorial | Serv. de Publicacións da UDC |
Editor | Dto. de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC |
Lingua | Galega, portuguesa e inglesa |
Localidade | A Coruña |
Ámbito | Filoloxía galega e portuguesa |
Periodicidade | Anual |
ISSN | 1576-2661 |
Na rede | |
http://revistas.udc.es/index.php/rgf/index | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Revista Galega de Filoloxía (RGF) é unha publicación científica galega dedicada á investigación filolóxica e, en especial, aos estudos lingüísticos no ámbito galego e portugués.
Historia
[editar | editar a fonte]A Revista Galega de Filoloxía naceu no ano 2000 na Coruña, vinculada ao Departamento de Galego-portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Ten unha periodicidade anual e desde o seu nacemento publicáronse os seguintes números:[1][2][3]
Do número 1 (ano 2000)[4] ao número 15 (2014) a edición foi impresa; os números 16 (2015)[5] e 17 (2016)[6] foron editados en papel e dixitalmente.
Monografías
[editar | editar a fonte]Ademais dos números da revista, desde o ano 2002 publícanse volumes monográficos vinculados a ela. Estes son os números publicados:[7][8]
Número | Ano | Título | Autoría | Dispoñible na rede |
---|---|---|---|---|
1 | 2002 | Os pronomes demostrativos | Xosé Manuel Sánchez Rei | Si |
2 | 2003 | O idioma galego no limiar da súa renacenza | Ramón Mariño Paz | Si |
3 | 2005 | Os marcadores discursivos. Conectores contrargumentativos no galego escrito | Xosé Ramón Freixeiro Mato | Si |
4 | 2007 | O xénero gramatical en galego | Xoán Carlos Lagares | Si |
5 | 2008 | Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII | José António Souto Cabo | Si |
6 | 2010 | O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias | Xosé Manuel Sánchez Rei | Si |
7 | 2012 | Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco | Goretti Sanmartín Rei (editora) | Si |
8 | 2015 | Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval | Xoán López Viñas | Non |
9 | 2014 | Lingua, texto, diacronía: estudos de lingüítica histórica | Xoán López Viñas e Leticia Eirín García (editores) | Non |
10 | 2015 | Novas perspetivas lingüísticas no espaço galego-português | Maria Aldina Marques e Xosé Manuel Sánchez Rei (editores) | Non |
Características
[editar | editar a fonte]Liñas de análise
[editar | editar a fonte]As principais liñas de análise dos traballos publicados na Revista Galega de Filoloxía son a gramática, a historia da lingua, a dialectoloxía, a lexicografía, a sociolingüística, a análise do discurso, a ecdótica e a crítica textual, a pragmática, a lingüística comparada, a lingüística xeral etc. Dentro destas liñas de análise, a revista inclúe tres tipos de publicacións: artigos, notas e recensións.[9]
Linguas
[editar | editar a fonte]Os traballos que inclúe poden estar redactados en galego, en portugués ou en inglés.[9]
Avaliación
[editar | editar a fonte]Para seren publicados, os traballos enviados teñen que pasar previamente un proceso de revisión por pares.[9]
Indexación
[editar | editar a fonte]A Revista Galega de Filoloxía está indexada en CARHUS Plus+ 2014[10], Dialnet[2], DICE[11], ERIH Plus[12], ISOC[13], Latindex[14], MIAR[15], REGESTA IMPERII[16] e ZBD[17].
Organigrama
[editar | editar a fonte]Equipo editorial
[editar | editar a fonte]O equipo editorial da Revista Galega de Filoloxía está composto polas seguintes persoas:[18]
Director | Subdirector | Secretaria |
---|---|---|
Xosé Manuel Sánchez Rei (Universidade da Coruña) | Xoán López Viñas (Universidade da Coruña) | Estefanía Mosquera Castro (Universidade da Coruña) |
Comité científico
[editar | editar a fonte]O comité científico da Revista Galega de Filoloxía está composto polas seguintes persoas:[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Números da revista, en Revista Galega de Filoloxía". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 A Revista Galega de Filoloxía en Dialnet
- ↑ A Revista Galega de Filoloxía en WordlCat
- ↑ Acceso ao volume 1 da Revista Galega de Filoloxía
- ↑ Acceso ao volume 16 da Revista Galega de Filoloxía
- ↑ Acceso ao volume 17 da Revista Galega de Filoloxía
- ↑ "Listaxe de monografías da Revista Galega de Filoloxía". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ Monografías da Revista Galega de Filoloxía no catálogo da Biblioteca da Universidade da Coruña
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Política editorial da Revista Galega de Filoloxía". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ A Revista Galega de Filoloxía en CARHUS Plus+ 2014
- ↑ "A Revista Galega de Filoloxía en DICE". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ "A Revista Galega de Filoloxía en ERIH Plus". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ "A Revista Galega de Filoloxía en ISOC". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ "A Revista Galega de Filoloxía en Latindex". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017.
- ↑ A Revista Galega de Filoloxía en MIAR
- ↑ A Revista Galega de Filoloxía en REGESTA IMPERII
- ↑ A Revista Galega de Filoloxía en ZBD
- ↑ Equipo editorial da Revista Galega de Filoloxía
- ↑ "Comité científico da Revista Galega de Filoloxía". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2017.