Revista de Galicia (1841)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Revista de Galicia.
Revista de Galicia | |
---|---|
Fundación | 1841 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Revista de Galicia, foi un periódico semanal publicado en Santiago de Compostela de 1841 a 1842.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Periódico de ciencias, literatura y artes, apareceu en outubro de 1841. Dirixido por Manuel Rúa Figueroa, foi continuación de El Iris de Galicia. Entre os seus redactores estaban Benito Amor Labrada, Francisco Navarro Villoslada e José María Gil Rey. O seu obxectivo era enaltecer Galicia e mellorar a súa situación moral e material, ademais de promover a literatura. Foi suspendida para introducir novidades pero o proxecto non saíu adiante e a publicación non volveu reaparecer. Cesou en xaneiro de 1842.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Revista de Galicia". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Revista de Galicia". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.