Revista de Occidente
Revista de Occidente | |
---|---|
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1923 |
Primeira edición | 1923 |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
Editorial | Fundación José Ortega y Gasset |
Circulación | |
ISSN | 0034-8635 |
Na rede | |
http://www.ortegaygasset.edu/publicaciones/revistadeoccidente | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Revista de Occidente é unha publicación cultural e científica española editada pola Fundación José Ortega y Gasset, fundada e dirixida por José Ortega y Gasset, de divulgación académica tanto en Europa como en América Latina. O primeiro número publicouse o 27 de xullo de 1923.[1]
Nela escribiron e traducíronse artigos de importantes filósofos contemporáneos como Bertrand Russell e Edmund Husserl e de escritores en lingua castelá, como por exemplo Rosa Chacel ou Vicente Huidobro.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeira época (1923-1936)
[editar | editar a fonte]A primeira época de Revista de Occidente prolongouse dende a súa creación en xullo de 1923, da man de Ortega y Gasset e do asturiano Fernando Vela, até xullo de 1936, co comezo da guerra civil española. Durante este período, a revista publicaba once números ao ano, xa que a edición de xullo e agosto era un número dobre.
Entre os que contribuíron á revista nesta etapa estaban destacadas figuras intelectuais internacionais, algunhas das cales aparecían por primeira vez en castelán. Entre eles, sobresaen os filósofos Georg Simmel, Max Scheler, Manuel García Morente ou Max Weber; os economistas Werner Sombart e Ludwig von Mises; ou os científicos Werner Heisenberg, Erwin Schrödinger e Albert Einstein. Do mesmo xeito, editáronse pezas de escritores populares do momento, como Franz Kafka, Rainer Maria Rilke ou William Faulkner.
Segunda época (1963-1975)
[editar | editar a fonte]A revista volveu publicarse con periodicidade mensual entre abril de 1963 e outubro de 1975, dirixida por José Ortega Spottorno, fillo de Ortega y Gasset. Esta nova etapa contribuíu á normalización intelectual española durante os derradeiros anos da ditadura franquista, xunto a Cuadernos para el Diálogo ou Triunfo. Destas publicacións seriadas saíron varias figuras claves da transición española.
Unha novidade desta nova etapa foi a edición de números monográficos nos que se atopaban ensaios sobre un asunto en concerto, dedicados tanto a escritores de España (Pío Baroja, Miguel Hernández, Miguel de Unamuno) como do estranxeiro (Friedrich Nietzsche).
Terceira época (1980-actualidade)
[editar | editar a fonte]Dende 1980, baixo a dirección de Soledad Ortega Spottorno, tamén filla de Ortega y Gasset, a revista volve a editarse de xeito regular. Dende o 2007, diríxea o seu fillo, José Varela Ortega.
En 2024, principiou a dixitalización dos 157 número publicados durante a primeira época, usando tanto números encadernados como soltos. Unha vez rematado o proxecto, procederase á dixitalización dos exemplares da segunda etapa.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Revista de Occidente". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Mora, Jaime (2024). "Revista de Occidente, al fin en internet: digitalizan la etapa de Ortega y Gasset". ABC (en castelán).
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 418. ISBN 84-8288-137-X.