Revista de Tropas Coloniales
Revista de Tropas Coloniales | |
---|---|
Portada do nº 1 da Revista de Tropas Coloniales, 1 de xaneiro de 1924. | |
País | España |
Lugar | Ceuta |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1924 |
Circulación | |
Frecuencia | 1 mes |
ISSN | 1132-6417 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Revista de Tropas Coloniales foi unha revista mensual publicada en Ceuta, fundada o 1 de xaneiro de 1924 por Gonzalo Queipo de Llano.[1][2] Tiña como subtítulo "Propagadora de Estudios Hispano-Africanos"[3] e foi continuada, a partir de febreiro de 1926, por África. Revista de Tropas Coloniales. Era o voceiro das opinións dos militares "africanistas" e tamén tiña colaboracións de ultranacionalistas como Antonio Goicoechea.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Editada en Ceuta, o seu número inicial publicouse o 1 de xaneiro de 1924.[4] O seu fundador e primeiro director foi Gonzalo Queipo de Llano, e no consello de dirección tamén aparecían Francisco Franco e Silverio Cañadas Valdés, coronel de enxeñeiros, e o capitán de artillaría Luis Martí Alonso; este último como director artístico.[5][6][7] Na súa aparición adoptou como modelo a cabeceira francesa Revue des Troupes Coloniales, posta en marcha comezos de século[8][9][10]
Dende o principio tivo problemas coa Ditadura e dende as súas páxinas difundíronse artigos con posturas africanistas e antiabandonistas críticas coa acción política do Directorio Militar da Ditadura de Primo de Rivera. Así, no número 1 ao mesmo tempo que o editorial de Queipo de Llano eloxiaba a Primo de Rivera, tamén aparecía outro artigo asinado por Antonio Goicoechea pedía unha ofensiva de desembarco en Alhucemas. No número 2, outro artigo de Franco, daquela tenente coronel, que se titulaba "Pasividad e inacción", e no que se criticaba a política defensiva que era aproveitada por Abd el-Krim para hostiga-las tropas españolas, provocou grandes discusións e Primo de Rivera, rematou por prohibila a partir dese segundo número.[11]
Estas críticas, xunto con outras nas que Queipo de Llano criticaba a política de ascensos e condecoracións a oficiais que non os merecían levou a que, primeiro, fose relegado a un posto de guarnición en Tetuán,[12] sen mando en campaña para, posteriormente, ser trasladado a Cádiz e substituído como comandante xeneral de Ceuta e que se fixese cargo da revista o xeneral Luis Bermúdez de Castro, quen no número de xullo de 1924, aparece como director honorario, e Queipo de Llano como fundador.[6]
Entre setembro e decembro de 1924, debido ás operacións militares no Protectorado (na zona de Iebala e as cidades de Tetuán e Xauen) a maior parte do consello de redacción morreu en combate e Queipo de Llano foi arrestado, cesado e enviado á península polas críticas realizadas anteriormente. Eis o motivo polo que, en xaneiro de 1925, Franco chegou a asumir o cargo de director.[6] Estivo até comezos de 1926, en que ao ser ascendido a xeneral de brigada, recibiu destino na península.[13]
Contou coa participación de colaboradores en diferentes momentos; militares como o tenente coronel Emilio Mola Vidal, o coronel de infantaría Fermín Galán, Ramón Franco, e intelectuais ou persoas doutros ámbitos como Rodolfo Gil Bemumeya,[3][14] o ilustrador Mariano Bertuchi,[14] Antonio Goicoechea, Augusto Barcia ou Ramiro de Maeztu, quen escribiu que o Exército era o “brazo da unidade nacional” e o garante do “sentimento da historia común”.[6] En agosto de 1925, foi declarada «de utilidade» polo Ministerio de Guerra (Diario Oficial, nº 178 de 12 de agosto de 1925).[15]
Etapas
[editar | editar a fonte]González González, establece a existencia de 3 etapas na súa publicación. A primeira, entre 1924 e 1926; unha segunda a partir de febreiro de 1926, na que mudou o título introducindo o nome de África na cabeceira, quedando como África. Revista de Tropas Coloniais.[16][17] Porén, esta segunda etapa é discutida pois, mentres a Hemeroteca Dixital da Biblioteca Nacional de España acouta a publicación da Revista de Tropas Coloniales entre o 1 de xaneiro de 1924 e xaneiro de 1926,[18] data a partir da cal considera que comezaría África. Revista de Tropas Coloniais,[19] González González, entenden ámbolos dous títulos como distintas etapas dunha mesma publicación,[16][17] pois a revista segue a mante-la mesma estrutura e ten contidos da mesma natureza, e seguirá sendo apoiada polo grupo de militares africanistas encabezados por Queipo de Llano e Franco, que seguirá a se-lo seu director até 1932 en que foi substituído por Antonio Martín de la Escalera.[20] Esta etapa, durou até 1936, en que se deixou de publicar por mor da Guerra civil.[16]
Finalmente, a terceira etapa, cando se recuperou a publicación a partir de 1942, co título de África, que mantivo até a desaparición en 1972.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Desvois (2001), p. 235.
- ↑ 2,0 2,1 Payne (1968), p. 180.
- ↑ 3,0 3,1 González González (2017), p. 3.
- ↑ Velasco de Castro (2013), p. 18.
- ↑ Velasco de Castro (2013), p. 19.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 "Revista de tropas coloniales". europeana.eu (en castelán). 1 de novembro de 2014 [actualizado o 25 de setembro de 2016]. Consultado o 6 de novembro de 2022.
- ↑ González González (2017), p. 4.
- ↑ Velasco de Castro (2013), p. 20.
- ↑ López Enamorado (1998), pp. 261–278.
- ↑ González González (2017), p. 1.
- ↑ Payne (1968), pp. 180-181
- ↑ Payne (1968), p. 183
- ↑ González González (2017), p. 6.
- ↑ 14,0 14,1 González González (2017), p. 26.
- ↑ Velasco de Castro (2013), p. 41.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 González González (2017), p. 2.
- ↑ 17,0 17,1 Velasco de Castro (2013), p. 22.
- ↑ "Revista de tropas coloniales". Hemeroteca Digital. BNE.
- ↑ "África. Revista de Tropas Coloniales". Hemeroteca Digital. BNE.
- ↑ González González (2017), p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Desvois, Jean Michel (2001). "La presse militaire dans L'Espagne contemporaine". En Aubert, Paul; Desvois, Jean-Michel. Les élites et la presse en Espagne et en Amérique latine: des Lumières à la Seconde Guerre mondiale (en francés). Madrid: Casa de Velázquez. pp. 229–242. ISBN 9788495555182.
- González González, Irene (2017). "Las publicaciones africanistas españolas: el caso de África. Revista De Tropas Coloniales (1924-1936)" (PDF). Clio Themis (en castelán) (12): 1–21. ISSN 2105-0929. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de maio de 2018. Consultado o 06 de novembro de 2022.
- López Enamorado, Mª Dolores (1998). "La mirada del otro: la visión del africanismo español (el Gil Benumeya de los años veinte)". En Zamora Acosta, y Maya Álvarez, Pedro, Elías; Maya Álvarez, Pedro. Relaciones Interétnicas y Multiculturalidad en el Mediterráneo Occidental (en castelán). Melilla: V Centenario de Melilla. pp. 261–278. ISBN 84-605-8236-1.
- Payne, Stanley G. (1968). Los militares y la política en la España contemporánea (en castelán). París: Ruedo Ibérico.
- Velasco de Castro, (1 de enero de 2013). «». (10). ISSN 1765-2901. doi:10.4000/argonauta.1590., Rocío (25 juin 2013). (Revue bilingue, franco-espagnole, d’histoire moderne et contemporaine consacrée à l’étude de la presse espagnole de ses origines à nos jours (XVIIe-XXIe siècles). "De periodistas improvisados a golpistas consumados: el ideario militar africanista de la Revista de Tropas Coloniales (1924-1936)". El Argonauta español [En ligne] (en castelán) (10). ISSN 1765-2901. doi:10.4000/argonauta.1590.