Rexión vitícola de Bordeos
A rexión vitícola de Bordeos abrangue todas as viñas do departamento francés da Xironda situado en Nova Aquitania.
Produce nun 80% viños tintos, como o pomerol ou o pauillac, e un 20% de brancos secos, como o entre-deux-mers ou o pessac-léognan, ou doces, como o sauternes ou o cadillac. En menor medida, tamén se dan os rosados, claretes e escumosos. Existen 38 denominacións de orixe, en francés appellation d'origine contrôlée (AOC), por mor dos diferentes tipos de solos, de cepeiras cultivadas e das diferentes prácticas na cultura e elaboración do viño.
Con 114 600 hectáreas cultivadas en 2018 [1] e unha produción de cinco a seis millóns de hectolitros por ano, a Xironda é o terceiro departamento vitícola francés en termos de produción global despois de Hérault e Aude, mais o primeiro para os AOC en volume.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Les données statistiques de FranceAgrimer. Direction Marchés Etudes et Prospectives. Edition 2019. FranceAgriMer