Riós, Riós
Riós | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Riós. | |
Concello | Riós[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 41°58′27″N 7°16′56″O / 41.97425493, -7.28217905 |
Poboación | 572 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Riós é unha parroquia e sede do concello homónimo de Ourense dende a reordenación de 1812. Segundo o IGE[2], en 2016 tiña 572 habitantes (285 homes e 287 mulleres). As aldeas da parroquia son As Corvaceiras, As Ferreiras, Florderrei Marcelín, Riós, Romariz e As Vendas da Barreira.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Igrexa de Santa María de Riós completouse en 1718 sendo abade Antonio Ramos Moscoso. De marcado estilo barroco, é a principal das igrexas do concello.
No interior atópanse interesantes tallas de madeira de Santa Ana, San Xoaquín, Santa Lucía e o Santo Cristo. A rúa central do retablo presenta un sagrario en forma de baldaquino e adornado con columnas salomónicas. E mesmo encima está a talla da Virxe da Asunción, que algúns autores atribúen, quizais erradamente, ó escultor renacentista Xoán de Angés. Entre os retablos laterais destacado o dedicado ó Cristo crucificado, relacionado pola súa anatomía e dramatismo coa escola castelá de Gregorio Fernández.
Aínda quedan elementos doutra igrexa parroquia máis antiga. Dos elementos litúrxicos do templo primitivo consérvanse un cáliz do século XVI, unha fermosa cruz procesional do prateiro Isidro de Montanos, do século XVII e unha naveta con fina filigrana plateresca.
En Riós tamén se atopa un fermoso cruceiro, xunto da travesía, de tres chanzos e coroado por unha cruz de pedra florenzada, semellante ó que se atopa na parroquia de Progo.
Festas
[editar | editar a fonte]A patroa de Riós é Santa María da Asunción e as festas parroquiais celébranse en torno ós días 15 e 16 de agosto. Á parte das festas parroquiais destacan as festas de San Cristovo, o 25 de xullo, e a de San Roque o 16 de agosto.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Riós
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Riós no concello ourensán de Riós | |
---|---|
As Corvaceiras | As Ferreiras | Florderrei | Marcelín | Riós | Romariz | As Vendas da Barreira |
Parroquias de Riós
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021.