Rianxeira (conserveira)
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Jealsa-Rianxeira" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2012) |
Jealsa Rianxeira S.A. | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1958 |
Localización | Boiro (A Coruña) |
Persoas clave | Jesús Alonso Fernández |
Industria | Conserveira |
Na rede | |
http://www.rianxeira.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O grupo Jealsa Rianxeira engloba un total de 14 sociedades que abarcan tres liñas de actividade: conservas de peixe, pesca e servizos, e medio ambiente e enerxía. Dende a súa sede central sita en Boiro (A Coruña), a sociedade goza dunha situación predominante no sector europeo e afronta nos últimos anos un proxecto de expansión a outros mercados.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1958, Jesús Alonso Fernández creou a conserveira que levaba o seu nome, pasando a constituírse no ano 1974 a sociedade anónima co seu nome Jesús Alonso, S.A. (Jealsa).
No ano 1991 a sociedade adquiriu unha segunda planta de proceso. Na planta principal atópase centralizado o proceso de elaboración de conservas de atún, cunha capacidade de produción de 400 Tm. por día, sendo considerada polos expertos coma unha das máis modernas do mundo. A segunda planta produce os demais produtos da súa ampla gama.
En 1987, Jealsa foi a primeira conserveira española en introducir a sinxela apertura nas latas, iniciativa da que se contaxiou o mundo das conservas español.
En 1998, Jealsa introduce en toda a súa gama de produtos o aceite de oliva.
No ano 2000 constituíuse a sociedade Mare Aperto, froito do proceso de joint venture con Star en Italia.
Outra vantaxe engadida é a incorporación do envase de aluminio en tódolos seus produtos, agás no atún, ofrecendo unha maior seguridade e facilidade no manexo e apertura de ditos envases.
Estas iniciativas, fan de Jealsa Rianxeira un punto de referencia obrigado no seu sector, e un exemplo de éxito no mundo da conserva a nivel europeo.
Instalacións
[editar | editar a fonte]A súa planta principal conta cunha superficie industrial de 80.500 m2 e unha superficie de produción de 29.800 m2. No ano 2001 a cantidade aproximada de latas fabricadas supera os 390 millóns e acadará os 400 millóns en 2002.
Conta cunha planta depuradora que combina dous procesos biolóxicos, cun dixestor anaeróbico e un reactor aeróbico, que non leva consigo ningún proceso químico. Ten unha capacidade de depuración de 850 m³/día.
Teñen en funcionamento unha planta de coxeración con sete motores de 5.000 CV. cada un, e que en conxunto xeran 24,9 MW e proporciona electricidade a 8.000 vivendas. Esta planta proporciona enerxía térmica e eléctrica á planta conserveira. Todo iso co compromiso coa contorna avalado polo Certificado de Calidade Medioambiental UNE EN-ISO14001:96.
As súas instalacións compleméntanse cunha planta frigorífica cunha superficie de 6.000 m2 e un almacén cunha capacidade para 10.000 palets.
Frota propia
[editar | editar a fonte]A través da súa filial Sant Yago, teñen en funcionamento un buque atuneiro e un buque auxiliar. Tamén participan na compañía atuneira española Albaroca, S.A. Con este sistema asegúranse o aprovisionamento da materia prima.
Mercados internacionais
[editar | editar a fonte]En Portugal comercializan ca marca Rianxeira, contando cunha cota de mercado do 8%, sendo a terceira do mercado. A súa distribución ponderada en hipermercados é do 100% e en supermercados do 64%. En Francia comercializan cas marcas Soluco la Mer, Chancerelle Frères e Rianxeira. Nos últimos anos acadaron un crecemento sostible do 40%.
Dende o ano 1996 manteñen relacións estables para a comercialización de marcas privadas no Reino Unido, Alemaña, Austria, Bélxica e Países Baixos.
No ano 2000 formalizouse unha joint venture con Star, creando a sociedade Mare Aperto, o que supuxo unha forte implantación no mercado italiano, acadando unha cota do 10%.
Cabe destacar que é provedor único de Mercadona para a súa marca Hacendado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.rianxeira.com Arquivado 06 de maio de 2012 en Wayback Machine. páxina web da conserveira
- http://www.albacora.es páxina web de albaroca
- http://elpais.com/diario/2010/08/01/negocio/1280667805_850215.html
- https://web.archive.org/web/20120111031110/http://www.elcorreogallego.es/indexSuplementos.php?idMenu=17
- http://www.usc.es/econo/RGE/Vol15_1/castelan/art8c.pdf
- https://web.archive.org/web/20120716004406/http://www.foodsfromspain.com/icex/cda/controller/pageSGT/0,9459,35868_6908150_6911550_0_7826851,00.html
- https://web.archive.org/web/20120620183916/http://www.grupoescomunicaciongalicia.com/artigo/28247/jesus-alonso-fernandez-presidente-jealsarianxeira-estar-activo-representa-ningun-sacrificio.html
- http://fis.com/fis/companies/details.asp?l=s&company_id=62171Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.