Saltar ao contido

Ribasieira, Porto do Son

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ribasieira
Igrexa parroquial.
ConcelloPorto do Son[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°40′11″N 8°59′07″O / 42.66981287, -8.98532363
Poboación87 hab. (2020)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

San Fins de Ribasieira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A súa igrexa parroquial, de estilo neoclásico, data do século XVIII. Está formada por muros ben definidos de cantería de granito, que lle dan unha forma compacta. A nave é rectangular, dividida en dous treitos por un arco de medio punto que separa o presbiterio do resto do templo. No lateral esquerdo deste presbiterio hai unha pequena sancristía, desmarcándose da igualdade da nave, co coro situado aos pés.

A cuberta, a dúas augas, está sobre unha estrutura de madeira. No exterior a decoración é moi sobria, o que resalta a súa volumetría. A fachada principal ten unha pequena espadana de arcada única.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Ribasieira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ribasieira no concello coruñés de Porto do Son

Bustiguillade | Bustoseco | Cabrais | Calvelle | Godón | Inxerto | A Madanela | Pousacarro | Tara | Xufres

Parroquias de Porto do Son

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son

Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Pedro) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]