Ricardo Bellver
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1845 Madrid, España |
Morte | 20 de decembro de 1924 (79 anos) Madrid, España |
Educación | Real Academia de España en Roma Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Roma |
Ocupación | escultor |
Ricardo Bellver y Ramón, nado en Madrid en 1845 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 1924, foi un escultor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto do escultor valenciano Francisco Bellver y Llop, e fillo de Francisco Bellver (1812-1890), que eran basicamente imaxineiros en madeira, Ricardo creceu nunha familia de artistas, pois os seus tíos Mariano e José Bellver eran tamén escultores. Foi alumno da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, acabando a súa formación como escultor en Roma, pensionado polo Estado español, desde onde enviaría, entre outras obras, a dedicada a un anxo caído.
Ricardo comezou a ser recoñecido a raíz de que a súa composición escultórica "O Anxo Caído" ou Lucifer, de 1877, fose premiada, primeiro coa Primeira Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes (1878) e logo na Exposición Internacional de París (1881). O autor logrou unha estatua de indubidábel orixinalidade, sendo tanto o interese que suscitou nas masas que o Museo Nacional do Prado doouna ao pobo madrileño, ficando instalada na praza del Ángel Caído, no Parque do Retiro, Madrid. Tal éxito levou a que fose nomeado académico, acabando como director da Escola de Artes e Oficios de Madrid.
Consérvanse outros traballos de Ricardo Bellver en Madrid, na Basílica de San Francisco o Grande, na Igrexa de San Xosé, na Igrexa Pontificia de San Miguel, no edificio do Ministerio de Fomento (Paseo da Infanta Isabel), e no mesmo Parque do Retiro, no interior do Monumento a Afonso XII de España.
Obra
[editar | editar a fonte]- Enterro de Santa Inés (baixorrelevo).
- O Anxo Caído (1877), estatua situada no Parque do Retiro de Madrid.
- Morte de Santa Ágata, baixorrelevo (1888).
- San Expedito (1916), talla localizada na igrexa de San Vicente Mártir, Abando (Bilbao).
- Juan Sebastián Elcano (1888), estatua na praza do Concello de Getaria (Biscaia).
- Portas neogóticas da Catedral de Sevilla.
- San Bartolomeu e Santo André, na igrexa de San Francisco o Grande, Madrid.
- Fama, no panteón do poeta Meléndez Valdés
- Monumento a Donoso Cortés, cemiterio de San Isidro, Madrid.
- Sepulcro do Cardenal Silíceo.
Outros datos
[editar | editar a fonte]O Anxo Caído de Bellver figura como imaxe de pechamento do filme de Álex de la Iglesia, El día de la Bestia (1995).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ricardo Bellver |
- Hernández Clemente, Alejandra (2011). Universidade Complutense de Madrid, ed. Ricardo Bellver y Ramón. Su obra escultórica: Un estudio historiográfico y documental. (PDF) (en castelán). Madrid.
- Sánchez Díaz, Lucía (2019). Universidade Complutense de Madrid, ed. Estudios previos y propuesta de Conservación y Restauración: Monumento funerario “Panteón de Hombres Ilustres” del Cementerio Sacramental de San Isidro de Madrid. (PDF) (en castelán). Madrid.