Ricardo Cid Martínez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ourense, España |
Morte | maio de 1971 Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, profesor de ensino secundario |
Ricardo Cid Martínez, nado en Ourense e finado en Vigo en maio de 1971, foi un xornalista e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi director administrativo de La Región e a partir de agosto de 1917 de O Tio Marcos d'a Portela; fundou e dirixiu a revista Tierra Gallega. Foi profesor axudante da Escola Normal de Ourense e profesor do Instituto de Ourense. Dirixiu unha fábrica de licores. Vicecónsul de Francia en Ourense, foi condecorado coa Orde Nacional da Lexión de Honra.[1] Trasladouse a Vigo onde foi inspector de facenda do Concello de Vigo. Finou en Vigo en maio de 1971.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 10 de outubro de 1906 con Elisa Ginzo Soto, irmá de Marcial Ginzo Soto, e foi pai de María, Dolores e Justa Elisa Cid Ginzo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 5-11-1969, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 25-5-1971, p. 2.
- ↑ María Cid Ginzo