Saltar ao contido

Ricardo Díaz Mendoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Díaz Mendoza
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Naucalpan de Juárez, México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2460279 Editar o valor en Wikidata

Ricardo Díaz Mendoza, nado en Naucalpan o 26 de xuño de 1986, é un actor de cinema e televisión, e acróbata mexicano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mendoza naceu en Naucalpan de Juárez, no Estado de México.[2] Comezou a traballar no circo con 14 anos. Durante a mesma época comezou a concentrarse na ximnasia artística na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Especializouse en teatro e aerodanza. O seu primeiro gran proxecto foi da man de Mel Gibson co filme Apocalypto (2006), longametraxe que foi nomeada a tres Premios Óscar.[3]

Continuou a súa carreira como actor participando en proxectos como Jaguar (2011), Yencuic Tlahuizcalehua: Nuevo Amanecer (2015), Cuilli & Macuilli, Quetzal (2016) e Los hijos del jaguar (2019).[4][5]

  1. "Ricardo Diaz Mendoza Biografía y Filmografía". ileanpereira.com (en castelán). 2022. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2022. Consultado o 23 de outubro de 2023. 
  2. "Ricardo Diaz Mendoza Filmografía y Datos". celebs.filmifeed.com (en inglés). 2022. 
  3. "Ricardo Diaz Mendoza en PeliPlat". peliplat.com (en castelán). 2022. 
  4. "RICARDO DIAZ MENDOZA Apocalypto". holcanefanficts.proboards.com (en inglés). 28 de marzo de 2008. 
  5. Azteca Digital (28 de abril de 2021). "Conoce a los mexicanos que actuaron en Apocalypto". tvazteca.com (en castelán).