Saltar ao contido

Ricardo Gómez Buceta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Gómez Buceta

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 12704

Ricardo Gómez Buceta, coñecido como Ricardito, nado en Pontevedra en 1900 e finado en Bueu o 24 de decembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Depositario e administrador do concello de Bueu. Militante do Partido Galeguista, era compañeiro e colaborador do alcalde Johan Carballeira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi perseguido e acusado dun desfalco nas arcas do concello. Foi suspendido de emprego e soldo e a familia tivo que vender dúas propiedades para pagar a cantidade reclamada.[1] O 21 de decembro de 1936 foi detido pola Falanxe local, e tres días despois asasinado. O seu cadáver non apareceu. A súa familia marchou de España e estableceuse no Uruguai e na Arxentina.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]