Ricardo Goyanes Melgarejo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Lugo, España |
Morte | 17 de decembro de 1924 (50/51 anos) Palencia, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, mestre, escritor |
Membro de | |
Ricardo Goyanes Melgarejo, nado en Lugo en 1873 e finado en Palencia o 17 de decembro de 1924[1], foi un avogado, mestre, escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre en Ponte Sampaio e Angoares (Ponteareas) e despois oficial de Facenda en Ourense (1915). Foi nomeado auxiliar da Normal de Mestras de Ourense. Pasou despois a delegación de Facenda da Coruña e finalmente foi oficial primeiro de Facenda en Palencia. Foi redactor de El Norte de Galicia e El Diario de Orense, correspondente de La Mañana en Ourense e colaborou en Ilustración Gallega, Vida Gallega e El Diario Palentino. Foi secretario da Asociación de Escritores Gallegos Laureados e foi nomeado cabaleiro da Real Orde de Isabel la Católica e do Mérito Militar.
Obras
[editar | editar a fonte]- Un programa para la Instrucción Primaria en España, 1917[2].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Osés Armesto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Diario Palentino, 17-12-1924, p. 2.
- ↑ El Eco de Santiago, 24-7-1917, p. 2.