Saltar ao contido

Ricardo Moar Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRicardo Moar Ríos
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Ordes, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1972 Editar o valor en Wikidata - 1987 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1972–1980   Deportivo da Coruña 151(0)
1980–1985   Real Valladolid 116(1)
1985–1987   Deportivo da Coruña 51(0)

Ricardo "Richard" Moar Ríos, nado en Ordes o 20 de setembro de 1953, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1972–73 debutou moi novo co Deportivo da Coruña en Primeira División, participando en 3 encontros, aínda que descendendo o equipo galego esa mesma campaña a Segunda División quedando penúltimo na clasificación. Estivo presente no descenso do club galego na tempada 1979–80 a Segunda B.

Na tempada 1980–81 foi contratado polo Real Valladolid, volvendo así a Primeira División. No club valisoletano estivo 5 tempadas, conseguindo na tempada 1983–84 a Copa da Liga.

Na tempada 1985–86 volveu ao Deportivo da Coruña de Txutxi Aranguren, onde estivo dúas campañas. Habitual no cadro titular durante as dúas tempadas, compartiu posición na zaga con xogadores como Antonio Dacosta, Silvi, Miloš Hrstić, Portela ou Froilán Maldonado. Na tempada 1986–87, adestrados por Eusebio Ríos, estiveron preto de ascender a Primeira División.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Valladolid

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]