Ricardo Sánchez Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1875 ![]() Roade, España ![]() |
Morte | 9 de maio de 1964 ![]() Pontedeume, España ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico ![]() |
![]() |
Ricardo Sánchez Varela, nado en Roade (Sobrado) en 1875 e finado en Pontedeume o 9 de maio de 1964 foi un sacerdote galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia acomodada, propietaria da meirande parte da parroquia de Furelos en Melide, estudou leis en Santiago de Compostela aínda que nunca exerceu a avogacía. A súa vocación levouno a ordenarse sacerdote pouco tempo despois, chegando a ser arcipreste de Melide.
Ao se xubilar en 1945, instálase no Asilo de Anciáns de Pontedeume. Contribuíu coa súa herdanza familiar á mellora das instalacións do asilo e á construción da Casa de Exercicios de Pontedeume, inaugurada en 1954. A súa fortuna serviu tamén para moitas obras parroquiais e legouna á súa morte ás monxas do asilo. Os seus restos mortais foron soterrados no cemiterio de Pontedeume.
Por acordo de 6 de febreiro de 1957, a corporación municipal púxolle o seu nome ao comezo da estrada de Esteiro, colocándose a placa o 18 de xullo de 1958.
Obras
[editar | editar a fonte]- Eva y María. Fenómenos diabólicos y milagros que demuestran el cumplimiento de la promesa hecha en el Paraíso, 1925.
- La primera profecía. Lecturas histórico-apologéticas, 1948.
- La promesa del Señor en el paraiso, 1949.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Ricardo Sánchez Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. no artigo de Carlos de Castro Álvarez, Nombres ilustres en las calles, plazas y jardines de Pontedeume, páxs. 50 e 51, do nº 11 (2004) da revista Cátedra (en castelán).