Ricardo Vilas Quintáns
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1894 Treites, España |
Morte | 2 de agosto de 1936 (41/42 anos) Bico de Mar, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | labrego, carpinteiro |
Ricardo Vilas Quintáns, nado en Treites, Cespón (Boiro) en 1894[1][2] e finado en Bico de Mar, Bealo (Boiro) o 2 de setembro de 1936,[2][3][4] foi un campesiño e carpinteiro[2][3][4] galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non militou en ningún partido político,[3] aínda que colaborou co goberno local durante a Segunda República Española.[3][4] Foi un dos milicianos do comité de defensa acusado de participar na voadura da ponte de Beluso, integrado na partida do cenetista José Saavedra García,[1] coa intención de dificultar o avance do exército sublevado tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.[3] Estivo agochado no monte,[4] mais foi apresado e asasinado por un grupo composto por trinta persoas nos muíños da Arribada, preto de Bico de Mar, onde ía pasar a noite, tras ser delatado por un veciño.[3][4] Os seus restos repousan no cemiterio de Cespón, nunha lápida onde non figura o seu nome.[3][4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi homenaxeado polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2023[5] e o seu nome foi inscrito no monumento que conmemora os represaliados do concello na rotonda de Cimadevila.[3][4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estaba casado.[2] O seu fillo Manuel foi alistado polo bando nacional e combateu na batalla de Teruel.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Rodríguez Gallardo 2022, p. 258.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Os paseados en Rianxo (1936-1939) 2022, Ricardo Vilas Quintáns.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Gómez Regenjo, Marta (17-08-2023). "Ricardo Vilas Quintáns e Manuel Hermo Vidal, os mártires recordados neste 17 de agosto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26-10-2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 López, Chechu (19-08-2024). "Boiro rindió homenaje a Ricardo Vilas, de Cespón, con motivo del Día da Galiza Mártir". Diario de Arousa. Consultado o 26-10-2024.
- ↑ "Ricardo Vilas será recordado el Día da Galiza Mártir en Boiro". La Voz de Galicia (en castelán). 15-08-2023. Consultado o 26-10-2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Os paseados en Rianxo (1936-1939). CRMH Barbanza. Concello de Rianxo. 2022. Consultado o 18-10-2024.
- Rodríguez Gallardo, Antón (2022). A Segunda República en Boiro (1931-1936). Entre o caciquismo inmobilista e a mobilización socio política da xente do común (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-394-4. Depósito legal: C-385-2022.