Richard Sternfeld
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1884 Bielefeld, Imperio alemán |
Morte | 1943 Auschwitz, III Reich |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Medicina (incompletos) Doutor en Ciencias Naturais |
Educación | Universidade Albert Ludwig de Friburgo Universidade de Bonn |
Actividade | |
Campo de traballo | Zooloxía |
Ocupación | herpetólogo |
Empregador | Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín Museo Senckenberg de Frankfurt |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Sternfeld |
Familia | |
Cónxuxe | Else Blum, Lotte Brühl [1] |
Richard Sternfeld, nado o 8 de febreiro de 1884 en Bielefeld e finado en 1943 en Auschwitz, foi un herpetólogo xudeu-alemán.
É coñecido porque describiu máis de corenta especies de anfibios e réptiles, especialmente das colonias de África e do Pacífico do Imperio alemán (nas actuais Tanzania, Camerún, Togo, Namibia e Papúa Nova Guinea).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación académica
[editar | editar a fonte]Sternfeld era fillo dun comerciante de Bielefeld, na actual Renania do Norte-Westfalia. Estudou o bacharelato nun Gymnasium (Instituto) da súa cidade natal.[1]
En 1903 entrou na Universidade Albert Ludwig de Friburgo para estudar Medicina, pero cambiou para estudar Ciencias Naturais na Universidade de Bonn. En 1907 volveu a Friburgo, para obter o Doutoramento, cunha tese sobre a bioloxía dos efemerópteros, baixo a guía do biólogo evolucionista August Weismann.[1]
Empregado de Museos e primeira guerra mundial
[editar | editar a fonte]O primeiro emprego de Sternfeld foi co herpetólogo Gustav Tornier no Museo Zoolóxico da Universidade Humboldt de Berlín. Alí traballou sobre a herpetofauna das colonias alemás de África e do Pacífico, producindo 26 artigos en 6 anos e medio.
En 1913 Sternfeld, que estaba casado con Else Blum, trasladouse ao Museo Senckenberg de Frankfurt como asistente zoolóxico, onde dirixiu o departamento de herpetoloxía,[1] para substituír o herpetólogo Philipp Lehrs, e ampliou a súa área xeográfica de interese para incluír a África Central, o Xapón, Australia, as illas do Pacífico e América do Sur.
Durante a primeira guerra mundial foi chamado ao servizo, servindo ao seu país en Macedonia.[2] Despois da guerra, Sternfeld enfrontouse co director do Instituto Entomolóxico Alemán Senckenberg e foi despedido a finais de 1920 despois de que tentase sindicalizar ao persoal do Museo. O seu substituto foi Robert Mertens, posibelmente o maior herpetólogo alemán do século XX.[1]
Empregos posteriores ao Museo, derradeiros anos e morte
[editar | editar a fonte]Sternfeld non puido realizar investigacións despois da súa saída do Museo Senckenberg. A partir de 1923 traballou como reporteiro de carreiras de cabalos para o xornal alemán Sportwelt. Converteuse nun experto líder na cría das puras razas de cabalos en Alemaña. En marzo de 1937, Sternfeld perdeu este traballo por mor da súa ascendencia xudía.[1]
Sternfeld viviu coa súa segunda esposa Lotte en Berlín até 1939. Lotte Sternfeld, de solteira Brühl, fora mestra e traballara na escola primaria privada da comunidade xudía até que todas as escolas xudías de Alemaña pecharon o 30 de xuño de 1942. Nese ano tivo que mudarse coa súa muller e a súa irmá Anna Brühl a unha chamada Judenhaus de Berlín. Sternfeld, a súa muller e a súa irmá solicitaran un visado para a India en 1940. Con todo, non puideron saír. Desde marzo de 1941, Richard Sternfeld foi obrigado a realizar traballos forzados en Berlín. O 27 de febreiro de 1943 foi detido durante a chamada Acción da Fábrica e deportado a Auschwitz o 1 de marzo de 1943, onde foi asasinado máis tarde ese ano.[1]
Contribucións á herpetoloxía
[editar | editar a fonte]Entre os anos 1908 e 1925, Sternfeld describiu 42 especies de serpes e lagartos e cinco especies de ras que aínda se recoñecen na actualidade, aínda que só sete dos réptiles conservan os seus nomes orixinais. A lista de especies senaladas a continuación comeza co nome actualmente aceptado, seguido do nome orixinal de Sternfeld (algúns foron clasificados como subxéneros). As subespecies indícanse mediante nomes trinomiais, e unha variedade indícase por "var ".
1908
- Dipsadoboa brevirostris como Dipsadomorphus brevirostris
- Lamprophis erlangeri como Boodon erlangeri
- Micrelaps bicoloratus
- Leptotyphlops labialis como Glauconia labialis
- Leptotyphlops latifrons como Glauconia latifrons
- Typhlops zenkeri
1910
- Letheobia gracilis como Typhlops gracilis
- Typhlops platyrhynchus como Typhlops platyrhynchus
- Scelotes schebeni
1911
- Lygodactylus grotei
- Pedioplanis breviceps como Eremias breviceps
- Trachylepis boulengeri como Mabuya diesneri boulengeri
1912
- Cnemaspis quattuorseriata como Gonatodes quattuorseriatus
- Cynisca schaeferi como Chirindia schaeferi
- Dasypeltis atra como Dasypeltis scabra var. atra
- Geocalamus acutus
- Kinyongia adolfifriderici como Chamaeleon adolfi-friderici
- Leptosiaphos graueri como Lygosoma graueri quinquedigitata
- Leptotyphlops latirostris como Glauconia latirostris
- Letheobia graueri como Typhlops graueri
- Lygodactylus scheffleri
- Trioceros schubotzi como Chamaeleon schubotzi
1913
- Typhlops depressiceps como Typhlops depressiceps
- Toxicocalamus buergersi como Ultrocalamus bürgersi
- Toxicocalamus preussi como Ultrocalamus preussi
1917
- Kassina maculosa como Megalixalus maculosus
- Ptychadena tellinii como Rana schubotzi
1918
- Cryptoblepharus africanus como Ablepharus boutonii africanus
- Cryptoblepharus aldabrae como Ablepharus boutonii aldabrae
- Cryptoblepharus australis como Ablepharus boutonii australis
- Cryptoblepharus caudatus como Ablepharus boutonii caudatus
- Cryptoblepharus pulcher como Ablepharus boutonii pulcher
- Cryptoblepharus voeltzkowi como Ablepharus boutonii voeltzkowi
- Emoia boettgeri como Lygosoma (Emoia) boettgeri
1919
- Ctenotus leonardii como Lygosoma (Hinulia) leonhardii
- Ctenotus quattuordecimlineatus como Lygosoma (Hinulia) quattuordecimlineatum
- Eremiascincus intermedius como Lygosoma (Hinulia) fasciolatus intermedium
- Lerista desertorum como Lygosoma (Rhodona) planiventale desertorum
- Egernia striata
- Pogona minor como Amphibolurus barbatus minor
- Simoselaps anomalus como Rhynchelaps anomalus
- Tiliqua multifasciata' como Tiliqua occipitalis multifasciata
1920
- Batrachylodes vertebralis como Chaperina friedicii
- Batrachylodes wolfi como Sphenophryne wolfi
- Bothrops medusa como Lachesis medusa
- Palmatorappia solomonis como Hylella solomonis
1925
- Tympanocryptis centralis
En 1912 Sternfeld describiu un novo xénero de lagartos da familia dos lacértidos, Adolfus, endémico da África subsahariana.[3][4]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]En 1912 Sternfeld publicou a súa obra máis coñecida, un libro sobre a herpetofauna centroeuropea titulado Die Reptilien und Amphibien mitteleuropas.[5]
Sternfeld escribiu aproximadamente 35 artigos herpetolóxicos, algúns bastante extensos, durante a súa carreira no Museo e inmediatamente despois, incluíndo:
- "Die Schlangenfauna Togos", 1908 - Serpes orixinarias de Togolandia.
- "Die Schlangen Deutsch-Ostafrikas", 1910 - Serpes orixinarias da África oriental alemá (que compendía os actuais estados de Burundi, Ruanda, e Tanganica, a parte continental de Tanzania)
- "Zur Herpetologie Südostafrikas", 1911 - Herpetoloxía do sueste de África.
- "Zur Tiergeographie Papuasiens und der pazifischen Inselwelt", 1920 - Zooxeografía que inclúe Papúa Nova Guinea e as illas do Pacífico.
- "Beiträge zur Herpetologie Inner-Australiens", 1925 – Contribución á herpetoloxía do interior de Australia.[1][6]
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]Só dúas especies descritas en homenaxe a Richard Sternfeld son recoñecidas hoxe:
- Phrynobatrachus sternfeldi Ahl, 1924)
- Trioceros sternfeldi (Rand, 1963).[7]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Sternfeld emprégase para recoñecer a Richard Sternfeld como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Dr. Richard Sternfeld. Biolgrafía (en alemán).
- ↑ Adler, Kraig, ed. (2007): Contributions to the History of Herpetology Volume 2. Lawrence, Kansas, USA: Society for the Study of Amphibians and Reptiles. ISBN 978-0-9169-8471-7.
- ↑ Adolphus en "The Reptile Database".
- ↑ Greenbaum, Eli; Villanueva, Cesar O.; Kusamba, Chifundera; Aristote, Mwenebatu M. & Branch, William R. (2011): "A molecular phylogeny of Equatorial African Lacertidae, with the description of a new genus and species from eastern Democratic Republic of the Congo". Zoological Journal of the Linnean Society 163 (3): 913–942.
- ↑ Richard Sternfeld en Open Library.
- ↑ Richard Sternfeld en www.google.com.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Sternfeld", p. 253).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Sternfeld |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Richard Sternfeld |