Saltar ao contido

Riki Mangana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRiki Mangana
Nome orixinalRicardo Enrique Mangana Barberá
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Celta Fortuna

Ricardo Enrique Mangana Barberá, coñecido como Riki Mangana, nado en Caracas o 22 de setembro de 1999, é un futbolista galego-venezolano. Xoga como lateral na Sociedade Deportiva Compostela, da Segunda División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Venezuela, criouse en Galicia, e aos 5 anos entrou na canteira do Coruxo.[1] Xogou no club verde ata o segundo ano de cadetes, cando foi fichado pola ED Val Miñor.[2] Militou un ano no equipo xuvenil de Nigrán, na División de Honra, xogando tanto no lateral esquerdo como no dereito, así como de defensa central e centrocampista.[2] En 2016 entrou na canteira do Celta de Vigo.[2]

Na tempada 2017/18 pasou a xogar no filial, o Celta B, co que disputou 25 partidos ese ano na Segunda División B. Perdeu protagonismo durante a seguinte campaña e media e en xaneiro de 2020 saíu cedido ao Guijuelo, da mesma categoría, onde tampouco dispuxo apenas de minutos.[3] Na segunda metade da tempada 2020/21 volveu saír cedido, desta vez ao Coruxo, o seu antigo equipo.[4] No equipo de Míchel Alonso fíxose coa titularidade, disputando 11 partidos ata o final da tempada.

En xuño de 2021 fichou pola Cultural Leonesa, que se dispoñía a participar na primeira edición da Primeira División RFEF.[5] Debutou na nova categoría na segunda xornada, nun partido contra Unionistas de Salamanca no estadio Reina Sofía.[6]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

As súas boas actuacións no Val Miñor valéronlle a súa convocatoria coa selección galega sub-18,[7] coa que disputou o Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas.[2] En 2017 foi convocado por Luis de la Fuente para a selección española sub-19 e ao ano seguinte debutou coa selección sub-20 de Venezuela.[1][8] Entre xaneiro e febreiro de 2019 participou co combinado venezolano no Campionato Suramericano sub-20 celebrado en Chile.[9]

  1. 1,0 1,1 "Riki Mangana, nuevo internacional celeste" (en castelán). 17 de outubro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "El Juvenil A ficha al lateral Riki Mangana procedente de la ED Val Miñor" (en castelán). 10 de xullo de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  3. "El CD Guijuelo logra la cesión del lateral derecho Riki Mangana procedente del Celta B" (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  4. "Riki Mangana se marcha cedido al Coruxo hasta final de temporada" (en castelán). 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  5. "Riki Mangana es nuevo jugador de la Cultural" (en castelán). 30 de xuño de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  6. "Los errores vuelven a condenar una Cultural a la que se le resiste la victoria" (en castelán). 6 de setembro de 2021. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  7. "A Selección Galega xuvenil amosa un bo nivel a un mes do Campionato de España". 30 de novembro de 2016. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  8. "Riki Mangana debutó con Venezuela sub-20 en el Torneo Internacional de L'Alcudia" (en castelán). 31 de xullo de 2018. Consultado o 31 de decembro de 2021. 
  9. "Riki Mangana regresó a Vigo tras participar en el XXIX Campeonato Sudamericano Sub-20 con Venezuela" (en castelán). 16 de febreiro de 2019. Consultado o 31 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]