Saltar ao contido

Asonancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rima asonante»)

A asonancia, tamén coñecida como rima asonante ou rima vocálica,[1] e tamén rima toante, en galego reintegracionista e portugués[2][3] é a repetición de fonemas vogálicos idénticos en palabras ou sílabas próximas, a partir da última vogal acentuada, en dous ou máis versos.

Habitual na literatura poética, pódese empregar co obxectivo de acelerar o ritmo ou aumentar a expresividade do poema. [4] [5]

Na literatura galego-portuguesa, era común tanto a consonancia como a asonancia.[2]

Nas diversas literaturas europeas románicas, como a desenvolvida en occitano (como n'O cantar de Roldán e outros romances), en castelán ou en linguas italo-románicas, a asonancia tamén é utilizada desde a Idade Media e até a literatura contemporánea actual. Tamén é común o seu uso nos poemas e cancións en linguas célticas.

Na literatura inglesa medieval, porén, non se empregaba, e o seu uso só pasa a se tornar significativo en lingua inglesa moderna a partir das obras do poeta xesuíta irlandés Gerard Manley Hopkins e o poeta de guerra Wilfred Owen, entre o final do século XIX e inicio do século XX.

Exemplos na literatura galega e portuguesa

[editar | editar a fonte]

Na lírica medieval

[editar | editar a fonte]

Este célebre poema de Don Dinís combina a asonancia (pino/amigo; ramo/amado) coa consonancia (amigo/comigo; amado/jurado):[2]

Ai flores, ai flores do verde pino,

se sabedes novas do meu amigo!

             Ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo,

se sabedes novas do meu amado!

             Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amigo,

aquel que mentiu do que pôs comigo!

             Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amado,

aquel que mentiu do que mi 'á jurado!

             Ai Deus, e u é?

Vós me preguntades polo voss'amigo,

e eu bem vos digo que é san'e vivo:

             Ai Deus, e u é?

Don Dinís, Cancioneiro da Vaticana [6]

Nas variantes modernas

[editar | editar a fonte]

No galego do Rexurdimento, no galego moderno e no portugués moderno tamén se emprega a asonancia.

En Cantares gallegos, Rosalía de Castro fai rimar en asoante a primeira estrofa:

Adiós ríos, adiós fontes,
 adiós regatos pequenos,
adiós vista dos meus ollos,
non sei cando nos veremos

Rosalía de Castro, Cantares Gallegos [7]


O poema Toante, de Manuel Bandeira, utiliza a asonancia en lugar das rimas tradicionais ao final de cada verso, creando parellas asonánticas nos versos intermitentes de cada estrofa: [2]

Molha em teu pranto de aurora as minhas mãos pálidas.
Molha-as. Assim eu as quero levar à boca,
Em espírito de humildade, como um cálice.
De penitência em que a minh'alma se faz boa...

Foi assim que Teresa de Jesus amou...
Molha em teu pranto de aurora as minhas mãos pálidas.
O espasmo é como um êxtase religioso...
E o teu amor tem o sabor das tuas lágrimas...

Manuel Bandeira, Toante [8][9]

  1. "asonancia". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-15. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Ceia, Carlos (30-12-2009). "ASSONÂNCIA". Consultado o 30-11-2024. 
  3. "Significado de toante no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-12-15. 
  4. "Assonância" (en portugués). Consultado o 2024-11-30. 
  5. Tavares, Sandra Duarte (2022). "Recursos expressivos a nível fónico" (en portugués). Consultado o 2024-11-30. 
  6. "Ai flores, ai flores do verde pino". pt.wikipedia.org. Consultado o 2023-12-15. 
  7. Rosalía de Castro (1863). "Adiós ríos, adiós fontes". Cantares gallegos. 
  8. Bandeira, Manuel (2020). Poesia Completa e Prosa Seleta 1. p. 254. ISBN 978-8521001294. 
  9. Os versos 5 e 7 deste poema, a pesar de coincidir a vogal acentuada da sílaba tónica, é máis común considerar simplemente que non riman, ao non coincidir as outras vogais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.